Buscar este blog

jueves, 13 de noviembre de 2025

SEGUNDA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º E 2º DA ESO

O mércores 5 de novembro, reunímonos co alumnado de 1º e 2º da ESO. Aínda que a lectura proposta inicialmente foi Las ventajas de ser un marginado, este título cambiouse por  I`m Obelix, de Raquel Fernánez Fernández, porque o grupo é moi numeroso e non había exemplares suficientes.

En xeral, o libro está tendo moi boa acollida. O seu ritmo áxil e o multiperspectivismo narrativo fai que resulte unha lectura atractiva e doada para o alumnado.

A reunión deunos para debater sobre temas como TDAH, visto desde perspectivas diferentes: a dos pais, a dos profesores… Tamén se falou sobre a necesidade e mesmo preocupación que, moitas veces, ten o alumnado por encaixar no grupo clase; o que nos leva a achegarnos aos alumnos máis populares, que non sempre van ser os máis axeitados nin afíns a nós. Despois disto, falamos do verdadeiro valor da amizade.

Hai un interese xeneralizado por saber que destino lle espera ao noso protagonista: se a situación que está a vivir se vai complicar, se esas burlas das que é obxecto se van incrementar…Para saber todo iso, temos que continuar lendo o libro.

Algúns momentos durante o debate:








jueves, 30 de octubre de 2025

SEGUNDA REUNIÓN DO GRUPO MIXTO 3º E 4º ESO

 Como xa comentamos, para que este grupo non fose tan numeroso e puidésemos participar todos, fixemos as reunións en dous días: o luns,  27 de outubro, reunímonos co alumnado de 3º e 4º que está lendo Martes con mi viejo profesor, de Mitch Albom, e o mércores, día 29 de outubro, co alumnado que está lendo Golpes de luz, de Ledicia Costas, para comentar a primeira parte de cada un destes libros:


En xeral, os alumnos coinciden en que o ritmo do libro é demasiado lento; polo que, lles está a resultar un tanto aburrido; ademais a temática da enfermidade da ELA e da morte, aínda que recoñecen que é interesante, vena cunha perspectiva afastada. Pola contra, ao profesorado está a gustarlle moito.

Aínda así, deunos para debater sobre temas moi interesantes como a familia, a ambición no mundo laboral, a xenerosidade do personaxe protagonista ou que entendemos uns e outros por “gozar da vida”.

O alumnado e os profesores durante o debate:



O día 29 reunímonos de novo coa segunda metade do grupo. Esta vez co libro Golpes de luz:


Este libro está sendo un éxito rotundo. Está engaiolando tanto a alumnos como a profesores. Co seu ritmo áxil e con eses toques de humor que salfiren toda a novela, capta a túa atención desde a primeira páxina.

O multiperspectivismo narrativo fai que moitos temas como o divorcio, a conciliación laboral e familiar, a demencia senil, o narcotráfico na Galiza dos anos 80 e 90 ou a obesidade infantil resulten unhas veces tenros e inocentes, baixo a mirada dos nenos: como a mirada de Sebas ou a dos seus inseparables amigos Noa e Guerreiro; e outras veces, humorísticos, cando chegan a nós da man da avoa Thor, con esa visión diferente á convencional e con ese xeito que ten de falar tan orixinal e espontáneo.

Estamos todos desexando ler a segunda parte para saber que segredo está a gardar Luz, a avoa, durante tantos anos e que lle ocorreu ao Arxentino. 

O alumnado e os profesores durante o debate, presidido polo bosque das ánimas:








viernes, 10 de octubre de 2025

PRIMEIRA REUNIÓN DO GRUPO MIXTO DE 3º e 4º DA ESO

 O pasado luns, 6 de outubro,  reunímonos os membros do grupo mixto do club de lectura "Mendebiblos". Dámoslles a benvida a todos e agradecemos a participación, que superou as nosas expectativas.

A continuación explicamos o funcionamento do club para aquelas persoas que viñan por primeira vez e pasamos a comentar as diferentes posibilidades de elección. 

Como o grupo era moi numeroso, decidimos dividilo en dous, de modo que eliximos dúas obras para que cada grupo empece cunha diferente e teñamos exemplares para todo o alumnado.

Os libros elixidos foron:



Sinopse:

Un testimonio extraordinario que enseña la lección más valiosa: cómo dar sentido a nuestra vida

Todos nosotros hemos conocido a alguien con grandes experiencias que nos ha inspirado en nuestra juventud y ayudado a ver el mundo de otra manera. Para Mitch Albom, esa persona fue Morrie Schwartz, su profesor en la universidad.

Cuando más tarde a Morrie le detectan ELA, Mitch aprovecha el poco tiempo que le queda junto a su profesor para retomar el contacto, visitarlo cada martes y mantener conversaciones profundas en las que se recupera el interés y la curiosidad por un mundo que, con el paso del tiempo, se había vuelto frío y descolorido.

En Martes con mi viejo profesor, Mitch y Morrie nos enseñan la lección más importante de nuestra vida.


Sinopse:

Xulia é xornalista e acaba de separarse, polo que regresa a Galicia co seu fillo Sebas. O rapaz ten dez anos e está convencido de que a avoa Luz é o deus Thor porque nunca se separa do seu martelo. Malia que agoche polvoróns nas medias, beba Sansón ata ver dobre e diga mentiras sen parar, Sebas adora a súa avoa. Xulia non opina o mesmo. Para ela, volver á casa familiar supón enfrontarse a un pasado cheo de segredos que precisa desvelar. O narcotráfico na Galicia dos anos noventa, o mundo dos coidados e a procura da verdade envolven este melodrama, salvaxe e tenro, habitado por uns personaxes inesquecibles. Despois do éxito de «Infamia», Ledicia Costas regresa, dende o seu talento creativo, con «Golpes de luz», unha novela sorprendente e divertida.

Os do club elixindo libro:


Un club bastante numeroso, case non cabemos na biblioteca.


Quedamos en vernos o luns vintesete do outubro, cando teñamos a metade do libro lido, para comentar as primeiras impresións.

PRIMEIRA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º e 2º DA ESO

 


O pasado xoves, 2 de outubro,  reunímonos os membros do club de lectura de 1º e 2º da ESO.

Este ano somos un grupo bastante numeroso, agardamos que o entusiasmo non decaia e continuemos así ata o final. 

Dámoslle a benvida ao club a toda a rapazada, explicámoslle as normas, falamos do calendario de reunións e, a continuación, imos propoñendo títulos entre os que elixir a nosa primeira lectura. 

Finalmente, decidiron que na próxima reunión comentaremos a obra   Las ventajas de ser un marginado, de Stephen Chosky.


Sinopse do libro:

VIVIR al margen ofrece una perspectiva ÚNICA. Pero SIEMPRE llega el momento de entrar en escena y ver el MUNDO desde dentro.

Charlie, un chico ingenuo, mordaz y solitario, acaba de empezar el instituto. Vive con sus padres, su popular hermana y un hermano mayor que está a punto de comenzar la universidad. La cosa no pinta demasiado bien el primer día de instituto cuando solo consigue hacer un amigo: un alternativo profesor de Lengua interesado en despertar el genio creativo de Charlie.

Cuando conoce a la bella Sam y al excéntrico Patrick, unos chicos llenos de ganas de exprimir la vida al máximo, empieza a comprender lo que es crecer y hacerse adulto. Junto a ellos recorrerá caminos nuevos e inesperados: descubrirá música nueva, empezará a beber, a fumar, a salir de fiesta... e incluso se enamorará por primera vez.

Os membros do club preparados para a reunión:

Ao final mostran o libro elixido:

jueves, 19 de junio de 2025

SEXTA E ÚLTIMA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º e 2º DA ESO

O pasado mércores, 18 de xuño,  reunímonos os membros do club de lectura de 1º e 2º da ESO. Esta vez fixemos unha pequena excursión a pé ata Oira, para facer a nosa sesión nunha terraza ao aire libre. 

Comentamos A banda sen futuro, de Marilar Aleixandre. Aínda que comentan que era fácil de ler, non lles gustou moito. Parece que este ano só foi do seu gusto Erik Vogler

A historia non conseguiu enganchalos, e os problemas da protagonista, ter que chegar a un centro novo coa cabeza rapada por unha enfermidade, non lles resultaron próximos nin conseguiron empatizar con ela.

Trataremos de probar cousas novas o curso que vén, cun dobre obxectivo: conseguir que gocen coa lectura e abrir novos horizontes para educar o seu gusto literario e que non se reduza a un só tipo de libro.

Os membros do club, nun momento da saída:

Durante a reunión:


SEXTA E ÚLTIMA REUNIÓN DO GRUPO MIXTO DE 3º e 4º DA ESO


   
O pasado venres, 13 de xuño,  reunímonos os membros do club de lectura de 3º e 4º da ESO mais profesores . Esta vez foi nun restaurante, como xa é tradición, para a despedida por este ano. Tamén despedimos aos itegrantes de cuarto da ESO, que se van do centro. Os de terceiro esperamos que sigan nesta actividade o vindeiro curso. 

Comentamos con As malas mulleres, de Marilar Aleixandre. Poucos conseguiron rematalo, posto que nos coincidiu cos Faladoiros do concello, que se celebraron o día anterior, e a maioría do alumnado tamén participou neles. Aos que lograron chegar ao final acabou gustándolles, xa que a segunda parte ten un ritmo máis áxil e é a parte máis novelada. A primeira parte contén moitas cartas de Concepción Arenal que, a pesar de que son un testemuño importante dunha época e da situación das mulleres  en prisións, ao noso alumnado resultoulles complicado e lento en exceso.

Asistiron bastantes e gustoulles moito a reunión nun lugar distinto ao habitual, polo que procuraremos repetilo.

Agradecemos a todos os asistentes a participación neste tipo de actividades que requiren un esforzo pola súa parte e pedimos unha valoración, coa intención de mellorar no vindeiro curso. En xeral gustoulles a actividade pero comentan que son demasiadas lecturas, que acaban coincidindo con exames. Terémolo en conta á hora de planificar o novo curso académico.

Os membros do club, diante da nosa biblioteca, momentos antes de saír para o restaurante:

martes, 13 de mayo de 2025

QUINTA REUNIÓN DO GRUPO MIXTO DE 3º e 4º DA ESO

 O pasado xoves, 8 de maio,  reunímonos os membros do club de lectura de 3º e 4º da ESO. Como na cuarta reunión leramos distintos libros en cada curso, desta vez fixemos á inversa, o alumnado de 4º comentou Los incomprendidos de Pedro Simón e os de 3º As flores de ferro de María Rei Vilas.

Os asistentes ao club foron moitos menos desta vez, porque coincide xa no último trimestre, teñen moitas lecturas das materias de Lingua Galega e Lingua Castelá e dos Faladoiros do concello de Ourense, e ademais están preparando os exames. Isto fai que para anos vindeiros nos teñamos que replantexar o número de libros e o calendario de lecturas do club.

Os comentarios non diferiron moito da sesión anterior, resultoulles pouco atractiva a lectura en xeral, aínda que con algunhas excepcións.

Eliximos libro para a despedida do club deste curso, que terá lugar nun restaurante da cidade, como xa é tradición. Remataremos con As malas mulleres, de Marilar Aleixandre.

Os membros do club durante a reunión:




Libro elixido para a última reunión:

Sinopse:

A través das páxinas de As malas mulleres, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción Arenal, visitadora de prisións; e Juana de Vega, cruciais para entendermos a nosa historia e as do “mudo coro das malas mulleres”, que entoa prantos sobre encontros cos predadores sexuais.

A novela está escrita contra a desmemoria, para recuperar a memoria das excluídas, reclusas no cárcere da Galera, da Coruña, en 1863. Unha atención ás excluídas onde Arenal e Juana de Vega, traballando a prol da dignificación das persoas, foron pioneiras. Asemade é un canto ao papel dos libros e a lectura en mellorar a vida das persoas, en dar esperanza ás desesperadas.

Como é habitual na obra de Marilar Aleixandre, a novela vai enmarcada nun ton poético e, sobre todo, nunha trama ben armada e chea de rexistros literariamente moi potentes.









sábado, 10 de mayo de 2025

QUINTA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º e 2º DA ESO

 

O pasado mércores, 7 de maio,  reunímonos os membros do club de lectura de 1º e 2º da ESO para comentar o que máis nos gustou do libro proposto: Erik Vogler, de Beatriz Osés.

En xeral, a novela foi do agrado do alumnado, aínda que sinalaron que lles gustou máis o primeiro libro da colección porque mantiña a intriga desde o principio ata o fiñal; aínda así, as aventuras de as aventuras de Erik Vogler en Muerte en el Balneario volveron engaiolar aos nosos alumnos que comentaron, entre risas, as diferentes formas nas que tentan asasinar ao protagonista ao longo da obra e coincidiron en que o final foi especialmente divertido. Tamén manifestaron a súa intención de seguir lendo o restdos libros da colección.

Os membros do club durante a reunión:




O libro elixido para a última reunión deste ano:


Sinopse:

A banda sen futuro reflicte a historia de Carlota, unha rapaza de dezaseis anos que debe facer amigos no seu instituto novo. Non é doado conseguilo e menos se unha ten o cabelo rapado ó cero e se sente como un ídem á esquerda. Carlota non entende por que os seus pais a obrigan a ir a clase. Só, Poch o cantante morto de Derribos Arias é quen de comprendela e manter longas conversas co ela desde a súa foto, aínda que non sempre lle dá a razón.Nestes meses Carlota descubrirá o amor e o desamor, e intentará pillar o ceo cos pés.A banda sen futuro reflicte a historia de Carlota, unha rapaza de dezaseis anos que debe facer amigos no seu instituto novo. Non é doado conseguilo e menos se unha ten o cabelo rapado ó cero e se sente como un ídem á esquerda. Carlota non entende por que os seus pais a obrigan a ir a clase. Só, Poch o cantante morto de Derribos Arias é quen de comprendela e manter longas conversas co ela desde a súa foto, aínda que non sempre lle dá a razón.Nestes meses Carlota descubrirá o amor e o desamor, e intentará pillar o ceo cos pés.


martes, 25 de marzo de 2025

CUARTA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º e 2º DA ESO

 O pasado venres, 21 de marzo,  reunímonos os membros do club de lectura de 1º e 2º da ESO para comentar o libro proposto: Aire negro, de Agustín Fernández Paz.

Descendeu o número de participantes, entre outras cousas porque coincidía coa avaliación, pero tamén porque se foron desanimando.

Foron poucos os que remataron o libro, por iso quedamos en que fariamos outra reunión máis informal no prazo dunha semana para comentar aspectos que non puidemos tratar para non desvelar o final.

Os membros do club durante a reunión:


Mostrando o libro que elixiron para a próxima lectura:

O libro elixido:

Sinopse:

Tras los crímenes de Bremen, Erik Vogler necesitaba un descanso. Una cura de reposo, tal y como le aconsejaron los médicos. No en vano, las pesadillas con el "rey blanco" le asediaban casi todas las noches. Por ese motivo, acepta la invitación de su abuela Berta para pasar una semana en un lujoso balneario. Por supuesto no imaginaba que un relajante baño de barro se iba a convertir en un verdadero infierno. Con un protagonista aparentemente repelente, la escritora Beatriz Osés ha iniciado una de las más originales sagas de novelas policíacas de los últimos años. Impactante y sorprendente en cada frase. Te atrapa desde el primer capítulo en una espiral de tensión. Puro thriller.



martes, 18 de marzo de 2025

CUARTA REUNIÓN DO GRUPO MIXTO DE 3º e 4º DA ESO

Esta vez, para que o grupo non fose tan numeroso e puidésemos participar todos, fixemos as reunións en dous días consecutivos: o xoves 13 de marzo reunímonos co alumnado de 3º para comentar Los incomprendidos de Pedro Simón e o venres 14 comentamos cos de 4º As flores de ferro de María Rei Vilas.

Á maioría do alumnado de 3º non lle gustou o libro, algúns non conseguiron acabalo, dixeron que lles resultaba aburrido, pero ao final o debate resultou interesante. 

O máis curioso foi a diferenza de percepción que tiñan as alumnas e o profesorado. O grupo de adolescentes poñíase na pel de Inés e consideraba que os pais non a comprendían e eran moi esaxerados e dramáticos nas súas reaccións, mentres que os profesores opinaban que a adolescencia é difícil e o papel dos pais nesa etapa pode resultar moi complicado. 

No que si estaban de acordo todos os lectores e lectoras era no excesivamente dramática que era a obra, nela xa non cabían máis desgrazas. De feito todos quedamos con gana de elixir unha comedia para a próxima ocasión.

Momentos durante o debate: 




Ao día seguinte, reunímonos co alumnado de 4º ESO para comentar Flores de ferro de María Rei Vilas.


O alumnado estaba con exames, e algúns non tiveran tempo de rematar o libro, aínda que pensaban acabar de lelo nos próximos días. 

Da novela comentouse que era excesivamente descritiva e lenta, botábase de menos un ritmo máis áxil. 

O tema da Guerra Civil para algúns lectores resultou xa moi recorrente, mentres que para outros foi un aliciente que deu pé a lembrar cousas que contaban os nosos pais e avós sobre as experiencias vividas. O máis interesante da obra foi a perspectiva coa que está narrada, a filla dun dos que cometeron crimes e abusos nesa época, e que vai descubrindo pouco a pouco detalles ocultos da vida dun home que para ela foi un pai protector e afectuoso.

O debate deu pé a risas e confidencias: 






miércoles, 29 de enero de 2025

TERCEIRA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º e 2º DA ESO

 O pasado xoves, 23 de xaneiro,  reunímonos os membros do club de lectura de 1º e 2º da ESO para comentar o libro proposto: La tuneladora.

Desta vez houbo menos participantes, pero aínda así seguimos sendo un nutrido grupo e puidemos comentar o que nos gustou e o que non do libro.

Aínda que non a todos lles deu tempo de rematar o libro, en xeral, gustoulles bastante e encontrárono entretido. Comentaron que sospeitaran de varios posibles culpables ao longo da historia e que os mantivera intrigados ata o final. A crítica que se lle fixo foi que o remate da historia resultaba un pouco inverosímil.

Para a próxima reunión eliximos Aire negro, de Agustín Fernández Paz, porque á maioría atraíalles que fose un libro de intriga e medo.

Os membros do club durante a reunión:

Mostrando o libro que elixiron para a próxima lectura:



O libro da próxima reunión:



Sinopse:

Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor consigue que a paciente abandone a súa prisión interior e comece a lembrar o seu pasado.«Escríbao todo, reviva outra vez o que pasou. Escriba o que non é capaz de expresar con palabras en voz alta. Así irán collendo sentido as lembranzas que agora permanecen enmarañadas na súa memoria.» O doutor conseguirá que Laura rememore todo o que lle sucedeu nos meses anteriores, cando unha escura sombra parecía ameazar a súa vida. Ningún dos dous podía imaxinar que lle estaban abrindo a porta a unha realidade terrible, ao esqueceren que por baixo da tranquilizadora superficie da vida os terrores máis fondos agardan a ocasión propicia para destruírnos.