Buscar este blog

domingo, 28 de noviembre de 2021

SEGUNDA REUNIÓN DO CLUB

 O pasado xoves, 25 de novembro, reunímonos de novo o Club de lectura para comentar o libro de Eloy Moreno, Invisible. Un libro que fíxonos reflexionar moito e que contou coa aprobación de tod@s. Indudablemente foi unha gran elección.

O libro trata un tema de plena actualidade nos nosos días: o acoso escolar, pero  trátao de tal maneira que resulta fácil de entender grazas a que a voz que nos relata a historia é a voz de quen sofre o acoso.

 A través das súas vivencias, dos seus pensamentos, da súa maneira de interpretar todo o que sucede ao seu ao redor, imos vendo como o que inicialmente a maioría cualifica de «bromas de nenos» vaise convertendo nun verdadeiro problema sen que ninguén déase conta. 

 Tamén se trata de forma moi acertada a maneira na que un feito sen importancia pode ter un gran impacto nun neno e como todos, na nosa medida, contribuímos a que o problema permaneza e a que eses «agresores» fáganse máis fortes polo noso mirar cara a outro lado, polas aparencias, polo medo, porque non nos toque, polo prestixio, porque hai cousas máis importantes ou por calquera outra escusa que nos queiramos poñer.

Eloy Moreno consegue mediante capítulos moi curtos que entremos nunha historia que, aínda que ao principio non comprendemos do todo, pronto se va fiando e devorámola de tal forma que non podemos deixar de ler ata chegar a un final no que non puidemos conter as bágoas.

 





                                                           A NOSA PRÓXIMA LECTURA






domingo, 24 de octubre de 2021

PRIMEIRA REUNIÓN

 

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB


O pasado xoves, 14 de outubro,  reunímonos o club de lectura "Mendebiblos", para dar a benvida aos novos compoñentes do mesmo.

Tras facer as presentacións, cada un deles explicou as súas motivacións para pertencer a este club e as súas  preferencias lectoras.

Finalmente, decidimos o libro que imos ler este trimestre. A obra elixida é:  Invisible, de Eloy Moreno

                                                           







             Algúns membros do Club mostrando un exemplar da nosa próxima lectura.






                                               


domingo, 3 de octubre de 2021

VISITAMOS "OS XARDÍNS DA POESÍA" DE ALLARIZ

   


O pasado xoves, 30 de setembro, tivemos a oportunidade de visitar, "Os xardíns da poesía" de Allariz,  un paraíso poético no que se conxugan tres  realidades diferentes que se trenzan e conflúen nun mesmo punto. 

No percorrido, ao longo de 12 xardíns, contamos con tres mundos: o mundo dos deseñadores, o dos poetas e e o noso propio mundo.


Os deseñadores fan un poema botánico e arquitectónico, inspíranse nos poetas para transmitirnos algo e nós que tamén somos  almas soñadoras, recibimos, interpretamos e creamos de novo.

Poetas como Lorca, Machado, Pessoa, Rosalía, Xela Arias ou os poetas malditos teñen os seus xardíns neste gran festival.

Compartimos con vós algunhas imaxes da visita e agradecemos a Ánxeles as súas explicacións.

 




 OS XARDÍNS DA POESÍA

Un jardín es un poema.

Venid a leer con nosotros.

Probad las palabras

como quien prueba el pan,

como quien bebe el agua fresca de la fuente.

Disfrutad del color.

Sentid el fresco

a la luz de la poesía,

el deslumbramiento a la sombra.

Y jugad

como si no hubiera más juguetes que las flores 

y fuéramos

otra vez,

para siempre jamás

niño

















jueves, 23 de septiembre de 2021

POÑÉMONOS EN MARCHA UN ANO MÁIS

Un ano máis e con moita ilusión, poñemos en marcha o noso club de lectura, sempre respectando as medidas sanitarias e seguindo o protocolo COVID elaborado polo equipo de biblioteca.

O próximo 14 de outubro faremos a primeira reunión e daremos a benvida ós novos membros do Club. 

Este é o calendario das reunións que faremos ao longo do curso.


 

martes, 15 de junio de 2021

XIII XORNADA DO CLUBS DE LECTURA




O pasado venres, 4 de xuño, celebrouse no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, a reunión anual dos coordinadores dos clubs de lectura dos centros que participamos no programa de Clubs de Lectura da Consellería de Educación.

As Xornadas cumpriron con creces todas as expectativas previstas. 

Seguindo en todo momento as recomendacións sanitarias: uso de máscara, distancia de seguridade, hixiene de mans, toma de temperatura... celebráronse estes Encontros dunha forma diferente a outras veces, pero dende o meu punto de vista, a decoración do escenario, no que tiveron lugar as diferentes mesas temáticas e de experiencias, foi moi acertada pois creouse un ambiente moi distendido e moi familiar, resultando uns Encontros moito máis cercanos que outras veces.

A Xornada foi  inaugurada polo Presidente da Xunta e fíxose entrega do Premio dos Clubs de Lectura 2021 á escritora Eva Mejuto.

 O  programa contou coa participación da escritora Marta Sanz e do periodista José Miguel Tomasena. Tamén tiveron lugar diferentes mesas de experiencias sobre mediación e boas prácticas e  celebrouse unha mesa temática sobre a historia de Galicia.

Os Encontros foron pechados polo autor e ilustrador Miguelanxo Prado.

 Parabéns unha vez máis por estas Xornadas e  pola boa  organización.


                 Diferentes momentos dos ENCONTROS











jueves, 6 de mayo de 2021

PREMIO CLUBS DE LECTURA 2021, EVA MEJUTO

 

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, da Consellería de Cultura, Educación  e Universidade fai pública a Resolución de 23 de abril de 2021 pola que se recoñece a Eva Mejuto co Premio dos Clubs de Lectura 2021.


Eva Mejuto é unha das autoras más seguidas polo lectorado infantil e xuvenil galego. Dos dos seus títulos, Memoria do silencio e 22 segundos están incluídos entre os 50 libros máis lidos nos Clubs de Lectura no curso 2019/2020. 




viernes, 30 de abril de 2021

CUARTA REUNIÓN

 CUARTA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA


O pasado martes, fixemos a reunión do club de lectura para comentar a obra de Ledicia Costas Infamia, unha novela que nos deixou, en xeral, con gran sabor de boca.

Infamia é unha novela cercana que trata temas moi actuais: a pederastia, o maltrato psicolóxico e físico, o abuso de poder, as drogas, o asasinato, os trastornos psicolóxicos... Moitos destes temas quedan sen solucionar e abren a porta a unha segunda parte da que nos gustaría desfrutar.


Un momento da reunión

Elixindo a nosa próxima lectura



                                                             A nosa próxima lectura





                                      Os membros do Club mostrando exemplares  da obra.

















viernes, 12 de marzo de 2021

TERCERA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

 TERCERA REUNIÓN DO CLUB

O pasado martes 2 de marzo, reunímonos de novo os integrantes do club de lectura para comentar Comedia Bífida de Manuel Núñez Singala.

Decidimos elixir esta lectura para aproximar ó alumnado a un xénero ao que non están moi acostumbrados a ler e foi un gran acerto. 

Como ben indica o título, trátase dunha comedia na que o seu autor fai un xuízo á lingua galega ou ao emprego que dela facemos os galegos.

 
O libro gustou moito en xeral, pois plantea situacións que vivimos a diario en relación co galego e  a súa lectura permitíunos reflexionar sobre os seus usos.

 








NUESTRA PRÓXIMA LECTURA













jueves, 21 de enero de 2021

SEGUNDA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

 

SEGUNDA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

O pasado martes 19 de xaneiro reunímonos de novo os integrantes do club de lectura para comentar a novela El viaje de Cilka da escritora Heather Morris quen xa obtivera un gran recoñecemento coa súa novela El tatuador de Auschwitz.

El viaje de Cilka, está basado nunha historia real e recrea a vida de Cilka Klein, unha xoven xudía que, con tan só dezaséis anos estivo presa en Auschwitz. Para sobrevivir, Cilka  viuse obrigada a exercer como concubina dun dos comandantes do campo de concentración e, cando Alemania foi vencida, foi acusada polos soviéticos de colaborar co inimigo e enviada a un gulag de Siberia cunha condena de 15 anos a traballos forzados.


O libro en xeral gustounos moito. É unha novela moi dura xa que reflicte as condicións reais ás que someteron as persoas encerradas en gulags durante anos..

A novela fíxonos reflexionar sobre as condicións especialmente duras das mulleres en calquera situación bélica e tamén sobre a fortaleza destas para afrontalas.






                                                         A NOSA PRÓXIMA LECTURA