O pasado mércores, 7 de maio, reunímonos os membros do club de lectura de 1º e 2º da ESO para comentar o que máis nos gustou do libro proposto: Erik Vogler, de Beatriz Osés.
En xeral, a novela foi do agrado do alumnado, aínda que sinalaron que lles gustou máis o primeiro libro da colección porque mantiña a intriga desde o principio ata o fiñal; aínda así, as aventuras de as aventuras de Erik Vogler en Muerte en el Balneario volveron engaiolar aos nosos alumnos que comentaron, entre risas, as diferentes formas nas que tentan asasinar ao protagonista ao longo da obra e coincidiron en que o final foi especialmente divertido. Tamén manifestaron a súa intención de seguir lendo o resto dos libros da colección.
Os membros do club durante a reunión:
O libro elixido para a última reunión deste ano:
A banda sen futuro reflicte a historia de Carlota, unha rapaza de dezaseis anos que debe facer amigos no seu instituto novo. Non é doado conseguilo e menos se unha ten o cabelo rapado ó cero e se sente como un ídem á esquerda. Carlota non entende por que os seus pais a obrigan a ir a clase. Só, Poch o cantante morto de Derribos Arias é quen de comprendela e manter longas conversas co ela desde a súa foto, aínda que non sempre lle dá a razón.Nestes meses Carlota descubrirá o amor e o desamor, e intentará pillar o ceo cos pés.A banda sen futuro reflicte a historia de Carlota, unha rapaza de dezaseis anos que debe facer amigos no seu instituto novo. Non é doado conseguilo e menos se unha ten o cabelo rapado ó cero e se sente como un ídem á esquerda. Carlota non entende por que os seus pais a obrigan a ir a clase. Só, Poch o cantante morto de Derribos Arias é quen de comprendela e manter longas conversas co ela desde a súa foto, aínda que non sempre lle dá a razón.Nestes meses Carlota descubrirá o amor e o desamor, e intentará pillar o ceo cos pés.




No hay comentarios:
Publicar un comentario