Buscar este blog

miércoles, 24 de mayo de 2023

Quinta reunión do club de lectura de maiores

 QUINTA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE MAIORES

O pasado martes, 23 de maio, reunímonos de novo os integrantes do Club de lectura  de maiores para comentar a novela de Karen M. McManus, Alguien está mintiendo. 

O libro preséntanos a cinco estudantes aparentemente sen nada en común que foron castigados inxustamente por un delito que parace que non cometeron. En metade do castigo un deles, Simon, cae fulminante e inmediatamente os outros catro vense implicados como sospeitosos de asasinato. 
Todos teñen algún motivo para querer velo morto,  posto que Simon creou unha nova app, "Malas linguas", na que se dedicaba a publicar os segredos dos seus compañeiros sen importarlle o dano que puidese causar con isto. 

En xeral,  trátase dunh thriller xuvenil entretenido, de fácil lectura que engancha, sen embargo, á maioría decepcionounos, pois é un libro cheo de clichés. Os protagonistas non poden ser máis esteriotipados: a empollona, o deportista, a rica e popular e o delincuente, o mozo malo que vende drogas. O personaxe que máis nos gustou foi Addy pois é o personaxe que máis evolucionou e que ten unha dura historia detrás.                En canto ó misterio, tampouco encontramos moitas sorpresas. O mellor do libro é, dende o noso punto de vista, que trata temas moi diversos como a violencia de xénero ou a homofobia e convídanos a reflexionar sobre o perigo das redes sociais entre os adolescentes e o uso que se dá de elas. Con todo, é unha novela entretida e recomendable, sobre todo para os fanáticos de Gossip Girl.

 Trala reunión decidimos a próxima lectura,  esta vez en galego. O libro elixido foi Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Arantza Portabales.



Diferentes momentos da reunión




A NOSA PRÓXIMA LECTURA



Parte dos membros do club posando coa nosa próxima lectura.