Buscar este blog

miércoles, 29 de enero de 2025

TERCEIRA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º e 2º DA ESO

 O pasado xoves, 23 de xaneiro,  reunímonos os membros do club de lectura de 1º e 2º da ESO para comentar o libro proposto: La tuneladora.

Desta vez houbo menos participantes, pero aínda así seguimos sendo un nutrido grupo e puidemos comentar o que nos gustou e o que non do libro.

Aínda que non a todos lles deu tempo de rematar o libro, en xeral, gustoulles bastante e encontrárono entretido. Comentaron que sospeitaran de varios posibles culpables ao longo da historia e que os mantivera intrigados ata o final. A crítica que se lle fixo foi que o remate da historia resultaba un pouco inverosímil.

Para a próxima reunión eliximos Aire negro, de Agustín Fernández Paz, porque á maioría atraíalles que fose un libro de intriga e medo.

Os membros do club durante a reunión:

Mostrando o libro que elixiron para a próxima lectura:



O libro da próxima reunión:



Sinopse:

Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor consigue que a paciente abandone a súa prisión interior e comece a lembrar o seu pasado.«Escríbao todo, reviva outra vez o que pasou. Escriba o que non é capaz de expresar con palabras en voz alta. Así irán collendo sentido as lembranzas que agora permanecen enmarañadas na súa memoria.» O doutor conseguirá que Laura rememore todo o que lle sucedeu nos meses anteriores, cando unha escura sombra parecía ameazar a súa vida. Ningún dos dous podía imaxinar que lle estaban abrindo a porta a unha realidade terrible, ao esqueceren que por baixo da tranquilizadora superficie da vida os terrores máis fondos agardan a ocasión propicia para destruírnos.






No hay comentarios:

Publicar un comentario