Buscar este blog

martes, 13 de mayo de 2025

QUINTA REUNIÓN DO GRUPO MIXTO DE 3º e 4º DA ESO

 O pasado xoves, 8 de maio,  reunímonos os membros do club de lectura de 3º e 4º da ESO. Como na cuarta reunión leramos distintos libros en cada curso, desta vez fixemos á inversa, o alumnado de 4º comentou Los incomprendidos de Pedro Simón e os de 3º As flores de ferro de María Rei Vilas.

Os asistentes ao club foron moitos menos desta vez, porque coincide xa no último trimestre, teñen moitas lecturas das materias de Lingua Galega e Lingua Castelá e dos Faladoiros do concello de Ourense, e ademais están preparando os exames. Isto fai que para anos vindeiros nos teñamos que replantexar o número de libros e o calendario de lecturas do club.

Os comentarios non diferiron moito da sesión anterior, resultoulles pouco atractiva a lectura en xeral, aínda que con algunhas excepcións.

Eliximos libro para a despedida do club deste curso, que terá lugar nun restaurante da cidade, como xa é tradición. Remataremos con As malas mulleres, de Marilar Aleixandre.

Os membros do club durante a reunión:




Libro elixido para a última reunión:

Sinopse:

A través das páxinas de As malas mulleres, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción Arenal, visitadora de prisións; e Juana de Vega, cruciais para entendermos a nosa historia e as do “mudo coro das malas mulleres”, que entoa prantos sobre encontros cos predadores sexuais.

A novela está escrita contra a desmemoria, para recuperar a memoria das excluídas, reclusas no cárcere da Galera, da Coruña, en 1863. Unha atención ás excluídas onde Arenal e Juana de Vega, traballando a prol da dignificación das persoas, foron pioneiras. Asemade é un canto ao papel dos libros e a lectura en mellorar a vida das persoas, en dar esperanza ás desesperadas.

Como é habitual na obra de Marilar Aleixandre, a novela vai enmarcada nun ton poético e, sobre todo, nunha trama ben armada e chea de rexistros literariamente moi potentes.









No hay comentarios:

Publicar un comentario