Buscar este blog

martes, 15 de junio de 2021

XIII XORNADA DO CLUBS DE LECTURA




O pasado venres, 4 de xuño, celebrouse no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, a reunión anual dos coordinadores dos clubs de lectura dos centros que participamos no programa de Clubs de Lectura da Consellería de Educación.

As Xornadas cumpriron con creces todas as expectativas previstas. 

Seguindo en todo momento as recomendacións sanitarias: uso de máscara, distancia de seguridade, hixiene de mans, toma de temperatura... celebráronse estes Encontros dunha forma diferente a outras veces, pero dende o meu punto de vista, a decoración do escenario, no que tiveron lugar as diferentes mesas temáticas e de experiencias, foi moi acertada pois creouse un ambiente moi distendido e moi familiar, resultando uns Encontros moito máis cercanos que outras veces.

A Xornada foi  inaugurada polo Presidente da Xunta e fíxose entrega do Premio dos Clubs de Lectura 2021 á escritora Eva Mejuto.

 O  programa contou coa participación da escritora Marta Sanz e do periodista José Miguel Tomasena. Tamén tiveron lugar diferentes mesas de experiencias sobre mediación e boas prácticas e  celebrouse unha mesa temática sobre a historia de Galicia.

Os Encontros foron pechados polo autor e ilustrador Miguelanxo Prado.

 Parabéns unha vez máis por estas Xornadas e  pola boa  organización.


                 Diferentes momentos dos ENCONTROS