Buscar este blog

domingo, 25 de junio de 2023

ÚLTIMA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º E 2º DA ESO

  QUINTA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º E 2º DA ESO


A quinta e última obra escollida polo clube de 1º e 2º da ESO foi Auto da costureira, unha peza teatral de Manuel María publicada en 1973.

Nas diversas reunións que celebramos desde mediados ata finais do terceiro trimestre, e unha vez repartidos os papeis entre o alumnado, realizamos unha lectura dramatizada da obra da que os alumnos e alumnas participantes gozaron moito. Sen dúbida, tanto esta como a outra obra de teatro que lemos no clube (O achado do castro de Manuel Núñez Singala) foron do agrado do noso alumnado non só polas historias en si mesmas, mais tamén polo entretido e gratificante que resultou representalas







viernes, 16 de junio de 2023

ÚLTIMA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE MAIORES

 

ÚLTIMA REUNIÓN DO CLUB

O pasado xoves 15 de xuño, fixemos a última reunión do club de lectura cun almorzo os profesores e alumn@s do club nun restaurante-buffet do Centro Comercial Pontevella.

Rematado o almorzó, nun ambiente distendido ao redor dun café, comentamos o libro de Arantza Portabales, Deixe a súa mensaxe despois do siñal, unha magnífica novela protagonizada por catro mulleres moi diferentes e con idades moi dispares, pero que teñen algo en común, todas deciden deixar mensaxes nos contestadores automáticoa e ó final as súas vidas acabarán cruzándose dalgunha forma.

O libro, en xeral, gustou moito. Ten unha lectura moi áxil, cuns capítulos moi curtos que alternan as voces de catro mulleres onde nos falan dos seus sentimentos máis íntimos, do amor, da culpa, da dor, da traición...

A posta en común do libro foi moi interesante. Cada membro do Club falou do seu personaxe preferido e por que, coincidindo a maioría en Carmela, unha muller entrañable, que aímda que está a morrer, non está disposta a perder o tempo que lle queda.

A lectura do libro é moi recomendable , pero non só para mulleres, porque aínda que as protagonistas son mulleres, non é unha novela de mulleres. Os homes tamén disfrutarán coa súa lectura e quizais eles tamén recoñezan nestas mulleres a outras que se atopan á súa beira.

 

COMIDA


POSTA EN COMÚN







viernes, 9 de junio de 2023

XV XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA



O pasado luns, 5 de xuño, celebrouse no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, a reunión anual dos coordinadores dos clubs de lectura dos centros que participamos no programa de Clubs de Lectura da Consellería de Educación.

 Un ano máis as Xornadas cumpriron as expectativas previstas.

 Trala inauguración, fíxose entrega do Premio dos Clubs de Lectura 2023 o escritor Manuel Núñez Singala por ser o autor galego máis lido nos clubs de lectura no curso 2022-2023. Posteriormente falou sobre o teatro, lingua e humor, unha conferencia moi interesante na que contou como os certames literarios foron a causa dos seus comezos no mundo do teatro. 

O programa contou ( entre outros) coa participación do experto en formación lectora Felipe Munita, sesións simultáneas de experiencias de clubs de lectura (teatro, audiovisuais...) e  unha mesa moi interesante de biblioterapia a cargo de Julio Abalde y Carlos Martínez Uzal.

 Os encontros foron pechados pola poeta Olga Novo quen baixo o título "A lectura do infinito" abordou o achegamento á lectura como un acto de vida.

 Parabéns unha vez máis por estas Xornadas e pola boa organización.


FOTOS DOS ENCONTROS

 

Inauguración da Xornada

O escritor Manuel Núñez Singala recolle o seu premio

Manuel Núñez Singala

Charla sobre mediación



A poeta, Olga Novo