Buscar este blog

jueves, 9 de abril de 2020

CUARTA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA









O martes día 10 de marzo reunímonos novamente para comentar a novela La tigresa y el acróbata, de Susanna Tamaro, “unha fábula para adultos”, en palabras da autora, “que nestes tempos convulsos é o que o corazón precisa”.

A lectura non tivo unha acollida unánime por parte das participantes do club. Algunhas persoas comentaron dificultade para lelo, mesmo para entendelo, mentres que outras gozaron da súa lectura e da gran cantidade de temas de reflexión que esta lles suscitou: o rexeitamentdos estereotipos, representado pola Tigresa, fronte a Tigrito, o seu irmán, que segue o camiño establecido: “ser un tigre verdadeiro... ou ser outra cousa”; a busca da identidade e a aceptación da propia singularidade: “As veces pasa: nace alguén que non quere percorrer o camiño que outros trazaron para el” ; a rutina como cadea que impide a liberdade: “deixei que os barrotes entraran no meu corazón”; e a ansia de liberdade: “Pensárao e desexárao moitas veces. Dar unha gadoupada, un empurrón, comer a alguén e reconquistar a liberdade.”

Tamén outros temas como o papel da muller na sociedade (é a Tigresa, e non Tigrito, quen rompe moldes) ou o desprezo dos seres humanos pola natureza (“se non fóra polo home, o mundo sería perfecto”) quedaron apuntados nunha reunión que resultou curta para comentar esta fábula que leva á reflexión sobre o verdadeiramente importante.



Nesta reunión decidimos, finalmente, a próxima lectura, que será xa a última de este curso: La trenza, de Laetitia Colombiani.
 



 





jueves, 2 de abril de 2020

CORONAVIRUS. QUÉDATE NA CASA, PERO NON DEIXES DE LER

www.galiciale.gal


GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.