Buscar este blog

domingo, 29 de enero de 2023

TERCEIRA REUNIÓN DO GRUPO DE MAIORES

 TERCEIRA REUNIÓN DO CLUB

O pasado xoves 26 de xaneiro, reunímonos de novo os integrantes do club de lectura ( grupo de 3º e 4º da ESO) para comentar a novela , Antes de diciembre, da xoven escritora mallorquina Joana Marcus quen se iniciou como escritora en Wattpad, onde as súas novelas obtiveron diversos recoñecementos e premios.

Antes de diciembre non é o típico libro que elixiríamos para ler no club se non fose pola insistencia do grupo do alumnado e porque queríamos saber por que fíxose tan famoso de súpeto e por que a tantas persoas gustáballes. O resultado foi o esperado ao alumnado encantoulles e ao sector profesorado deixounos indiferentes, algúns xa non  acabaron de lelo.   

 O libro é unha novela romántica. Atopámonos con Jennifer, a quen xustamente ao chegar á universidade, o seu noivo, Monty, pídelle unha relación aberta, polo que ambos teñen permitido estar con quen queira sen romper a súa relación. Ela está a entrar ao seu primeiro ano de universidade e cando entra á recepción da súa residencia, atópase con Chris, o vixiante (e irmán de Naya, quen será a compañeira de habitación de Jen), e Ross, amigo de Naya. Pois ben, Ross que  ía deixar aí as maletas da súa amiga, coñece a Jen e  pouco a pouco terminan enamorándose.

A partir deste momento a reunión do club resoltou moi dinámica pois empezamos a debatir a cerca das relacións abertas, con posturas a favor e en contra entre o mesmo alumnado. A maioría do profesorado opinamos que non había química  e tensión entre Jen e Ross.  A autora escribe e detalla moi ben os sucesos, pero a construción dos personaxes xunto co seu romance é moi frouxa .

Tamén tratamos o tema  das relacións tóxicas. Monty, o noivo de Jen trátaa moi mal, pero ela segue aí e incluso xustifica o seu comportamento. Iso é o peor das relacións tóxicas que moitas veces os que están nesa relación non se dan conta ou non queren darse conta de certas actitudes ata que xa é moi tarde.                                                                             

O final pareceunos un pouco dramático. Ela toma a decisión de regresar a súa casa xunto coa súa familia para que el cumpra o seu soño de continuar os seus estudos en Francia, pero nin tan sequera fala con el, abandónao sen máis .Era obvio que tomaría esa decisión pois pola contra, non habería libro dous.

Trala reunión decidimos a nosa próxima lectura, abandonando a temática "New adult" dos anteriores libros. A nosa próxima lectura será en galego e leva por título Aqueles días en que éramos malas de Inma López Silva.

                                         COMENTANDO ANTES DE DICIEMBRE






                                          A NOSA PRÓXIMA LECTURA



                                MEMBROS DO CLUB POSANDO COA NOSA PRÓXIMA LECTURA





lunes, 9 de enero de 2023

 PRIMEIRA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º E 2º DA ESO

 A primeira reunión deste grupo tivo lugar o día 19 de outubro e  o alumnado participante no Club escolleu como primeira lectura do curso Penúltimas tendencias de Carlos Negro publicado no ano 2014. Trátase dun diario dunha adolescente que, mediante o uso da poesía, pretende romper cos estereotipos de xénero e cos cánones de beleza que marcan a sociedade e os medios.


Nesta primeira reunión falouse do que suxería o título e a portada para cada un dos participantes. Posteriormente quedou fixada a data para comentar o libro, que sería o 17 de novembro.

                                                    PRIMEIRA LECTURA 




  SEGUNDA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º E 2º DA ESO

O día 17 de novembro tivo lugar a segunda reunión deste grupo e nela  léronse os poemas do libro Penúltimas tendencias, que máis gustaron a cada un, reflexionando sobre os temas que plantexa o libro, traéndoos á actualidade e contextualizándoos na realidade do noso alumnado. Posteriormente, varias alumnas do club de lectura gravaron algúns dos poemas para emitir o 25 de novembro na radio escolar. 

A lectura deste libro foi do agrado do alumnado e xerou interesantes debates cos que, agardamos, se plantase unha semente crítica coas tendencias impostas pola sociedade.

Nesta reunión tamén se decidiu a seguinte lectura que será La tuneladora de Fernando Lalana.

                                             Posta en común da lectura






                                           Elección do segundo libro