Buscar este blog

domingo, 4 de diciembre de 2022

SEGUNDA REUNIÓN DO CLUB

 


SEGUNDA REUNIÓN DO GRUPO MIXTO DO  CLUB DE LECTURA

O pasado xoves, 1 de decembro, reunímonos de novo os membros do grupo mixto do Club de lectura para comentar o libro de Alice Oseman, Heartstopper I . Dos chicos juntos, unha novela gráfica que contou cunha gran aprobación entre os membros do club.

Alice Oseman é unha escritora e ilustradora británica que empezou a publicar con dezasete anos e xa é unha das autoras máis vendidas do seu xénero. Escribe novelas románticas, a maioría gráficas e de temática New Adult, mozos e mozas que entran na idade adulta ou que empezan a descubrirse a si mesmos nos seus primeiros anos de instituto ou de universidade.

Entre os seus libros publicados destaca Heratstopper, unha saga composta por tres títulos polo momento: o primeiro de todos é Heartstopper 1. Dous mozos xuntos, continúao, Heartstopper 2. A miña persoa favorita e ségueo Heartstopper 3. Un paso adiante.

  O libro que comentamos nesta reunión, trata a historia de amor entre dous mozos, un deles declaradamente homosexual e o outro en vías de autodescubrimiento. En poucas líneas e a través das imaxes a autora trata diferentes temas, que deunos moito para debatir, como o bulling, os prexuizos, as inseguridades, a identidade sexual, o amor, cunha visión aberta, natural e sensible, sen perder a delicadeza e a emoción.

O libro, en xeral, gustou moito. Heartstopper é unha historia bonita. A súa lectura é rápida e fluida. Os protagonistas Charlie e Nick son entrañables e a súa historia de amor evoluciona tal como esperamos.

As ilustracións transmiten moi ben as emocións e plasman perfectamente a trama. O final da historia queda truncado, un dos protagonistas déixase vencer polo medo e outro acaba entristecido. Todos quedamos con ganas de saber como continúa o romance de Charlie e Nick, así que... A pola segunda parte!

Na reunión tamén eliximos a próxima lectura que por votación maioritaria do alumnado foi a novela Antes de diciembre. da xoven escritora de Wattpad, Joana Marcus.

 

                                           Diferentes momentos da reunión 






                                        A NOSA PRÓXIMA LECTURA