Buscar este blog

sábado, 11 de junio de 2022

XIV XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA

                                   


O pasado venres, 10 de xuño, celebrouse no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, a reunión anual dos coordinadores dos clubs de lectura dos centros que participamos no programa de Clubs de Lectura da Consellería de Educación.

As Xornadas cumpriron con creces todas as expectativas previstas. 

Trala inauguración da Xornada, fíxose entrega do Premio dos Clubs de Lectura 2022 á escritora Antía Yáñez, coa que posteriormente tivo lugar unha interesante charla.

 O  programa contou coa participación do escritor e experto en LIX freddy Gonçalves, coa escritora Emma Pedreira e Blanca Mata entre outros. Tamén tiveron lugar diferentes mesas de experiencias e sesións simultáneas de banda deseñada, poesía e teatro.

Os Encontros foron pechados pola escritora Care Santos, a terceira autora máis lida nos Clubs de Lectura no curso 2020/2021.

 Parabéns unha vez máis por estas Xornadas e  pola boa  organización.

FOTOS DES ENCONTROS


ANTÍA  YÁÑEZ recibindo o seu premio

FREDDY GONÇALVES


EMMA PEDREIRA

CARE SANTOS









ENCONTRO CO ESCRITOR E CINEASTA DAVID TRUEBA

 O pasado xoves, 9 de xuño, unha vez rematada a nosa tertulia no Centro Comercial, continuamos a tarde cun encontro, no Liceo de Ourense,  con David Trueba, o autor do libro que léramos nos faladoiros organizados pola Deputación e o Concello de Ourense.

O encontro resultou moi interesante. David Trueba respondeu ás preguntas que lle formularon os estudantes en torno ao seu libro El río baja sucio –sobre o que traballaron durante o curso un total de 200 alumnas e alumnos de 14 institutos-, interesándose por diversos aspectos que recolle o libro como o medio ambiente, os diferentes modelos de familia da sociedade actual ou as relacións tóxicas.

O “Río baixa sucio” é unha novela para todas as idades. É unha historia sobre a perda da inocencia que, ao mesmo tempo, fala do ecoloxismo, o descubrimento da natureza polos adolescentes, a corrupción política e a relación entre pais e fillos. En definitiva, toda unha reflexión sobre a vida real a través da mirada de dous adolescentes.

 Atopámonos cun autor moi próximo, moi agradable e simpático que despois de case hora e media de faladoiro, aínda estivo a asinar libros case unha hora máis. 

Parabéns á  Deputación e ó Concello de Ourense por estas iniciativas tan interesantes que perseguen o fomento da lectura e a cultura.





 TRUEBA FIRMANDO OS LIBROS  DOS NOSOS ALUMNOS E OS SEUS PROFESORES


Celso, Ana e Clara cos seus alumnos: Sergio, Sara, Andrea, Uxía e Susana.
                           


O noso alumnado con Trueba.


ÚLTIMA REUNIÓN DO CLUB

 

ÚLTIMA REUNIÓN DO CLUB

O pasado xoves 9 de xuño, fixemos a última reunión do club de lectura cun almorzo os profesores e alumn@s do club nun restaurante-buffet do Centro Comercial Pontevella.

Rematado o almorzó e ao redor dun café comentamos o libro de Manuel Núñez Singala,Atranco no banco, no que o autor nos presenta catro personaxes cunha mesma intención: roubar o mesmo banco o mesmo día e á mesma hora.

Esta obra de gran efecto cómico, moi próxima ó teatro do absurdo, en xeral, gustounos. Lese dunha tirada e a súa lectura resulta moi pracenteira sobre todo polos divertidos xogos lingüísticos cos que nos deleitan os personaxes. Unha lectura perfecta para este final de curso apretadito.

COMIDA NO RESTAURANTE




                                               MOMENTO DA TERTULIA