Buscar este blog

viernes, 28 de noviembre de 2014

NOVA LECTURA: LA BIBLIOTECARIA DE AUSCHWITZ

O seguinte libro que imos ler no noso club de lectura é A bibliotecaria de Auschwitz, de Antonio G. Iturbe.

Fredy Hirsch levanta unha escola en segredo nada menos que en Auschwitz, un lugar onde os libros estaban prohibidos. É o labor de Dita, unha nena de 14 anos, coidar desa biblioteca. Esta historia está ambientada nun campo de exterminio, a expresión máis cruel do nazismo. Imos ver como transcorre a vida diaria nese contexto tan espantoso.

E non podemos esquecer que a novela está baseada en feitos reais, o que a fai aínda máis interesante.







jueves, 27 de noviembre de 2014

COMENTAMOS NUBES DE KÉTCHUP

O xoves 27 de novembro fixemos a reunión para comentar a obra Nubes de Kétchup, de Annabel Pitcher. 

Esta lectura provocou opinións variadas e contrapostas. Mentres que algúns membros do club consideraron que a novela é de fácil lectura e o argumento engancha, a outros resultoulles difícil mesmo rematala, tachándoa de empalagosa e con final previsible. Non hai que esquecer que a historia está contada por unha adolescente, polo que resulta xa de entrada máis atraente para o sector do alumnado que para os adultos. E aínda entre os alumnos, vimos como ese triángulo amoroso que relata causa máis fascinación nos membros femininos. 

A situación dunha adolescente, chea de culpa e na procura de expiación, que lle escribe cartas a un preso no corredor da morte non pode deixar indiferente a ninguén, sen importar a idade do lector. Sempre está ben ler libros que nos fan pensar e  que suscitan debate. Neste sentido, Nubes de Kétchup cumpriu ese obxectivo.

Aquí vos deixamos unhas fotos da reunión.