Buscar este blog

jueves, 6 de febrero de 2020

TERTULIAS LITERARIAS DO CONCELLO DE OURENSE



Un ano máis o noso centro participa  xunto con outros 14 centros de ESO e Bacherelato da provincia,  nas tertulias literarias organizadas pola Concellería de Educación e pola Diputación Provincial de Ourense.


 
 A primeira parte das tertulias (en galego) tivo lugar o xoves, 30 de xaneiro cun encontró con Manuel Esteban, autor do libro O meu nome é Ninguén, premio Xerais 2016. O autor falou do seu libro, respondió a todas as preguntas que lle fixeron os alumnos e firmou exemplares do seu libro.
 
 
 
 

 

 


O martes 4 de febreiro, ás 16:30 horas no Liceo de Ourense, o noso centro foi o encargado da presentación dos principais aspectos da novela de Manuel Esteban. As nosas alumnas Eva, Susana, Verónica, Andrea e Carmen souberon dirixir e animar moi ben o debate. Nesta ocasión estiveron acompañadas polo alumnado do IES Blanco Amor e do IES 12 de Outubro.

PARABÉNS e MOITAS GRAZAS POLO VOSO INTERESE NESTA ACTIVIDADE.