Buscar este blog

domingo, 3 de diciembre de 2023

SEGUNDA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

 SEGUNDA REUNIÓN DO GRUPO MIXTO DO  CLUB DE LECTURA

O pasado xoves, 30 de novembro, reunímonos de novo os membros do grupo mixto do Club de lectura para comentar o libro, La dependienta, a primeira das dez novelas da escritora xaponesa,  Sayaka Murata,  coa que gañou o prestixioso Premio Akutagawa en 2016 e foi nomeada Muller do Ano pola revista Vogue Japan.

A novela céntrase en Keiko Furukura, unha moza que traballa nunha tenda de conveniencia ou Konbini. Keiko foi vista como unha nena rara xa desde pequena, cando se buscou máis dun problema polas súas saídas de ton. Cóntanolo ela mesma ao comezo da novela: "Nunha ocasión, aínda na escola, pegou aos seus compañeiros cunha pa porque estaban pelexando, en vez de ir buscar axuda. O seu razonamento era claro: se había que separarlles porque se estaban pegando, esa era unha maneira rápida de facelo. Keiko crece cada vez máis ellada do mundo. Ao entrar na universidade e para tentar tranquilizar aos seus pais, preocupados polo futuro da súa estraña filla, Keiko empeza a traballar nun Konbini. Alí ayopa un lugar no que non ten que loitar por "tentar ser normal", senón que simplemente debe seguir o manual do empregado. Con todo, 18 anos despois e xa con 36 anos, Keiko segue traballando no mesmo Kombini, sen demasiados amigos. Keiko é feliz, pero é consciente de que nos está a cumprir co que a sociedade espera dela: agora é unha muller sen traballo estable e sen parella á vista que se está facendo demasiado maior para a sociedade xaponesa.

A novela, en xeral gustou bastante ( máis ao profesorado que ao alumnado). Murata é capaz de contar moitísimas cousas sen contar aparentemente nada. O desenvolvemento da acción é moi breve e a novela céntrase en presentarnos un personaxe e deixarnos que saquemos as nosas propias conclusións sobre ela e a súa vida. Algúns dos membros do club viron na protagonista tendencias psicópatas ( os seus pensamentos sobre como acalar os choros dun bebé son mostra diso), pero a maioría pensamos que tiña algún tipo de autismo. Como lectores sentimos agarimo por ela, sobre todo, cando vemos como tentou adaptar a súa maneira de ser para conseguir formar parte da sociedade.

O que si é evidente, na nosa opinión, é que A dependienta é unha crítica á sociedade actual,  especialmente á  presión que senten tanto homes como mulleres en seguir o camiño establecido, en non saírse da norma e en cumprir coas expectativas. Unha novela moi recomendable!

Na reunión tamén eliximos a próxima lectura, esta vez en galego, A culpa da escritora e periodista, María Solar.

                                    DIFERENTES MOMENTOS DA POSTA EN COMÚN





                                                         A NOSA PRÓXIMA LECTURA

                                          


Posando co libro de María Solar