Buscar este blog

jueves, 28 de abril de 2022

QUINTA REUNIÓN DO CLUB

               QUINTA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

O pasado xoves, 28 de abril, tivo lugar unha nova reunión do club para comentar Rewind, do escritor ourensán Juan Tallón.

O punto de partida da novela é a terrible explosión que se produce no bloque onde, nun piso Erasmus do centro de Lyon, celebraban unha festa de venres os seus catro ocupantes e dous invitados. Só un deles salvará a vida: Paul, estudante francés de Belas Artes e narrador dos capítulos que abren e cerran o texto. A descrición da devastación e o asombro ante as azarosas decisións que lle conduciron á supervivencia, acompañan o relato que aquel realiza da vida e as ilusións dos seus amigos.

Nos restantes capítulos se turnan distintos narradores para describir a desolación que se abate sobre familiares e achegados, o quebranto, quizais definitivo, das súas vidas. Xunto a esas dolorosas escenas que serán o núcleo do relato, o autor galego sitúa o fío que conduce desde unha familia de orixe marroquí, perfectamente integrada e veciña dos estudantes, ata unha activa célula yihadista.


O libro gustounos moito ó profesorado, pero non tivo a mesma  aceptación entre o alumnado, pois resultoulles moi complicada a súa lectura, debido á técnica narrativa empregado polo autor ( novela puzzle). 

Non obstante a obra fíxonos reflexionar sobre  como unha traxedia pode marcar as nosas vidas, ata o punto de transformalas por completo. Sempre hai un momento na vida dun ser humano que marca un antes e un despois e, cando este chega a el, é consciente de que xa non vai seguir sendo o mesmo.

Despois da reunion, eliximos a nosa última lectura do curso. A obra seleccionada nesta ocasión  é unha obra teatral de Manuel Núñez Singala, Atranco no banco


                                            DIFERENTES MOMENTOS DA TERTULIA






 

                                                A NOSA PRÓXIMA LECTURA




                                  ALGÚNS DOS MEMBROS DO CLUB POSANDO CO LIBRO ELIXIDO