O pasado venres, 13 de xuño, reunímonos os membros do club de lectura de 3º e 4º da ESO mais profesores . Esta vez foi nun restaurante, como xa é tradición, para a despedida por este ano. Tamén despedimos aos itegrantes de cuarto da ESO, que se van do centro. Os de terceiro esperamos que sigan nesta actividade o vindeiro curso.
Comentamos con As malas mulleres, de Marilar Aleixandre. Poucos conseguiron rematalo, posto que nos coincidiu cos Faladoiros do concello, que se celebraron o día anterior, e a maioría do alumnado tamén participou neles. Aos que lograron chegar ao final acabou gustándolles, xa que a segunda parte ten un ritmo máis áxil e é a parte máis novelada. A primeira parte contén moitas cartas de Concepción Arenal que, a pesar de que son un testemuño importante dunha época e da situación das mulleres en prisións, ao noso alumnado resultoulles complicado e lento en exceso.
Asistiron bastantes e gustoulles moito a reunión nun lugar distinto ao habitual, polo que procuraremos repetilo.
Agradecemos a todos os asistentes a participación neste tipo de actividades que requiren un esforzo pola súa parte e pedimos unha valoración, coa intención de mellorar no vindeiro curso. En xeral gustoulles a actividade pero comentan que son demasiadas lecturas, que acaban coincidindo con exames. Terémolo en conta á hora de planificar o novo curso académico.

No hay comentarios:
Publicar un comentario