Buscar este blog

martes, 18 de marzo de 2025

CUARTA REUNIÓN DO GRUPO MIXTO DE 3º e 4º DA ESO

Esta vez, para que o grupo non fose tan numeroso e puidésemos participar todos, fixemos as reunións en dous días consecutivos: o xoves 13 de marzo reunímonos co alumnado de 3º para comentar Los incomprendidos de Pedro Simón e o venres 14 comentamos cos de 4º As flores de ferro de María Rei Vilas.

Á maioría do alumnado de 3º non lle gustou o libro, algúns non conseguiron acabalo, dixeron que lles resultaba aburrido, pero ao final o debate resultou interesante. 

O máis curioso foi a diferenza de percepción que tiñan as alumnas e o profesorado. O grupo de adolescentes poñíase na pel de Inés e consideraba que os pais non a comprendían e eran moi esaxerados e dramáticos nas súas reaccións, mentres que os profesores opinaban que a adolescencia é difícil e o papel dos pais nesa etapa pode resultar moi complicado. 

No que si estaban de acordo todos os lectores e lectoras era no excesivamente dramática que era a obra, nela xa non cabían máis desgrazas. De feito todos quedamos con gana de elixir unha comedia para a próxima ocasión.

Momentos durante o debate: 




Ao día seguinte, reunímonos co alumnado de 4º ESO para comentar Flores de ferro de María Rei Vilas.


O alumnado estaba con exames, e algúns non tiveran tempo de rematar o libro, aínda que pensaban acabar de lelo nos próximos días. 

Da novela comentouse que era excesivamente descritiva e lenta, botábase de menos un ritmo máis áxil. 

O tema da Guerra Civil para algúns lectores resultou xa moi recorrente, mentres que para outros foi un aliciente que deu pé a lembrar cousas que contaban os nosos pais e avós sobre as experiencias vividas. O máis interesante da obra foi a perspectiva coa que está narrada, a filla dun dos que cometeron crimes e abusos nesa época, e que vai descubrindo pouco a pouco detalles ocultos da vida dun home que para ela foi un pai protector e afectuoso.

O debate deu pé a risas e confidencias: 






No hay comentarios:

Publicar un comentario