Buscar este blog

miércoles, 26 de enero de 2022

TERCERA REUNIÓN DO CLUB

                                        TERCERA REUNIÓN DO CLUB

O pasado xoves 20 de xaneiro, reunímonos de novo os integrantes do club de lectura para comentar Miss Marte de Manuel Jabois.

O libro conta a reconstrucción dun suceso acontecido 25 anos atrás, pola xornalista Berta Soneira: Mai Lavinia, unha moza misteriosa e carismática que acaba de chegar á cidade cunha filla pequena, pasa a  formar parte dunha banda e pronto casa cun dos seus membros, pero durante a voda a pequena desaparece para sempre. Soneira, que pretende rodar un documental sobre o caso, é axudada na súa misión por Nico, xornalista local e membro dese grupo de amigos, que fai de narrador.

En xeral a novela non terminou de engancharnos. Está ben escrita , ten cousas orixinais, pero a medida que avanza, a trama vaise enrolando, dando voltas ao tema e a acción desaparece case por completo. En moitos momentos a novela pareceunos confusa. É unha pena porque hai un estilo moderno e orixinal neste escritor.

 




A NOSA PRÓXIMA LECTURA


   
Membros do noso alumnado mostrando un exemplar da próxima lectura



O Club Mendebiblos, con algunhas baixas pola COVID