Como xa comentamos, para que este grupo non fose tan numeroso e puidésemos participar todos, fixemos as reunións en dous días: o luns, 27 de outubro, reunímonos co alumnado de 3º e 4º que está lendo Martes con mi viejo profesor, de Mitch Albom, e o mércores, día 29 de outubro, co alumnado que está lendo Golpes de luz, de Ledicia Costas, para comentar a primeira parte de cada un destes libros:
En xeral, os alumnos coinciden en que o ritmo do libro é demasiado lento; polo que, lles está a resultar un tanto aburrido; ademais a temática da enfermidade da ELA e da morte, aínda que recoñecen que é interesante, vena cunha perspectiva afastada. Pola contra, ao profesorado está a gustarlle moito.
Aínda así, deunos para debater sobre temas moi interesantes como a familia, a ambición no mundo laboral, a xenerosidade do personaxe protagonista ou que entendemos uns e outros por “gozar da vida”.
O alumnado e os profesores durante o debate:
O día 29 reunímonos de novo coa segunda metade do grupo. Esta vez co libro Golpes de luz:
Este libro está sendo un éxito rotundo. Está engaiolando
tanto a alumnos como a profesores. Co seu ritmo áxil e con eses toques de humor
que salfiren toda a novela, capta a túa atención desde a primeira páxina.
O multiperspectivismo narrativo fai que moitos temas
como o divorcio, a conciliación laboral e familiar, a demencia senil, o
narcotráfico na Galiza dos anos 80 e 90 ou a obesidade infantil resulten unhas
veces tenros e inocentes, baixo a mirada dos nenos: como a mirada de Sebas ou a
dos seus inseparables amigos Noa e Guerreiro; e outras veces, humorísticos,
cando chegan a nós da man da avoa Thor, con esa visión diferente á convencional
e con ese xeito que ten de falar tan orixinal e espontáneo.
Estamos todos desexando ler a segunda parte para saber
que segredo está a gardar Luz, a avoa, durante tantos anos e que lle ocorreu ao
Arxentino.
O alumnado e os profesores durante o debate, presidido polo bosque das ánimas:






No hay comentarios:
Publicar un comentario