Buscar este blog

domingo, 5 de febrero de 2023

TERCEIRA REUNIÓN DO GRUPO DO PRIMEIRO CICLO DA ESO

 

TERCEIRA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º e 2º DA ESO

A segunda obra escollida polo Club de Lectura de 1º e 2º de ESO foi La Tuneladora de Fernando Lalana,  publicada no ano 2006. A novela narra a misteriosa desaparición dun xove enxeñeiro responsable dunha tuneladora nas obras públicas de Zaragoza e a investigación do caso por parte de Fermín Escartín, o detective ó cargo do mesmo.

Na reunión do 30 de novembro comentamos os tres primeiros capítulos do libro, as sensacións que nos estaba a producir a historia, as sospeitas do que lle podería ter acontecido ó protagonista e as primeiras impresións sobre as novelas de detectives.

Nas posteriores reunións do 15 de decembro e do 17 de xaneiro rematamos de comentar a novela e, sobre todo, destacamos o lento transcorrer da historia ata a metade do libro aproximadamente, momento no que os avances do detective nos somerxen de cheo nas entrañas da desaparición do enxeñeiro e tamén nas entrañas da terra coa tuneladora que dá nome á obra. Así mesmo, salientamos os enxeñosos xogos de palabras que o autor utiliza nos nomes dalgúns personaxes e o inesperado do final, se ben algún alumno e alumna sospeitou o desenlace da desaparición.

A lectura deste libro xerou opinións contrapostas pois foi moi do agrado de parte do grupo interesado neste tipo de xénero literario, mais outra parte do alumnado participante non a gozou tanto; iso si, todos fixemos de detectives e tentamos resolver o caso co avan da lectura.