Buscar este blog

viernes, 28 de noviembre de 2014

NOVA LECTURA: LA BIBLIOTECARIA DE AUSCHWITZ

O seguinte libro que imos ler no noso club de lectura é A bibliotecaria de Auschwitz, de Antonio G. Iturbe.

Fredy Hirsch levanta unha escola en segredo nada menos que en Auschwitz, un lugar onde os libros estaban prohibidos. É o labor de Dita, unha nena de 14 anos, coidar desa biblioteca. Esta historia está ambientada nun campo de exterminio, a expresión máis cruel do nazismo. Imos ver como transcorre a vida diaria nese contexto tan espantoso.

E non podemos esquecer que a novela está baseada en feitos reais, o que a fai aínda máis interesante.







jueves, 27 de noviembre de 2014

COMENTAMOS NUBES DE KÉTCHUP

O xoves 27 de novembro fixemos a reunión para comentar a obra Nubes de Kétchup, de Annabel Pitcher. 

Esta lectura provocou opinións variadas e contrapostas. Mentres que algúns membros do club consideraron que a novela é de fácil lectura e o argumento engancha, a outros resultoulles difícil mesmo rematala, tachándoa de empalagosa e con final previsible. Non hai que esquecer que a historia está contada por unha adolescente, polo que resulta xa de entrada máis atraente para o sector do alumnado que para os adultos. E aínda entre os alumnos, vimos como ese triángulo amoroso que relata causa máis fascinación nos membros femininos. 

A situación dunha adolescente, chea de culpa e na procura de expiación, que lle escribe cartas a un preso no corredor da morte non pode deixar indiferente a ninguén, sen importar a idade do lector. Sempre está ben ler libros que nos fan pensar e  que suscitan debate. Neste sentido, Nubes de Kétchup cumpriu ese obxectivo.

Aquí vos deixamos unhas fotos da reunión.











domingo, 5 de octubre de 2014

PRIMEIRA LECTURA DO CURSO: NUBES DE KÉTCHUP

Eliximos como primeira lectura do curso Nubes de Kétchup, de Annabel Pitcher. Esta novela epistolar conta a historia de Zoe, unha rapaza inglesa de quince anos que agocha un terrible segredo. Chea de angustia, pero tamén con moito humor, Zoe escribirá cartas a un criminal chamado Stuart Harris, encerrado no corredor da morte dunha prisión en Texas. Pensa que só alguén coma el vai poder comprendela. 

Está ben claro que o argumento da historia promete. Agora a gozar da lectura.




PRIMEIRA REUNIÓN NESTE CURSO 2014-15

O xoves 2 de outubro fixemos a primeira reunión do club de lectura. Os novos membros do club cubriron a ficha de inscrición. Tamén falamos das posibles datas de reunión ao longo do curso e decidimos cal vai ser a nosa primeira lectura do ano entre os libros xa comprados coa asignación que recibiu o club o curso pasado. 

Aquí vos deixamos algunhas fotos desta reunión.










domingo, 21 de septiembre de 2014

O CLUB DE LECTURA PONSE EN MARCHA NO CURSO 2014-15

Ola a todos!

Despois do verán comeza un novo curso escolar e, con el, o noso club de lectura ponse en marcha. Con este fin imos ter a primeira reunión o día 2 de outubro no período de lecer na biblioteca. Alí daremos a benvida aos membros do club que seguen con nós un ano máis, coñeceremos aos novos participantes e decidiremos cal vai ser a nosa primeira lectura do ano.

Animamos a todos os membros da nosa comunidade educativa a unirse a nós, pois a lectura sempre enriquece o espírito.

miércoles, 11 de junio de 2014

POSTA EN COMÚN DE O CURIOSO INCIDENTE DO CAN A MEDIANOITE

O último libro que lemos no club este curso foi O CURIOSO INCIDENTE DO CAN A MEDIANOITE, de Mark Haddon. O día 10 de xuño fixemos a reunión na biblioteca para comentar esta obra. 

Todos estiveron de acordo en que resultou unha lectura diferente, xa que o protagonista da historia conta a súa vida desde o seu propio punto de vista, que é o dun adolescente de 15 anos que padece autismo. Nunca se menciona no libro esta enfermidade, pero está claro que o seu trastorno está dentro do espectro do autismo. Que difícil debe ser para Christopher entender os convencionalismos do noso mundo, a realidade que o rodea, a incomprensión dalgunhas persoas cara a el. E que difícil debe resultar tamén para a súa familia convivir con el, ou para o resto da xente entender a súa conduta. 

O libro é sobre todo moi educativo. Moitos de nós convivimos, ou o faremos no futuro, con persoas como Christopher; isto pode pasarnos dentro ou fóra do mundo educativo que compartimos os alumnos e os profesores participantes no club de lectura. Esta obra invita a reflexionar sobre as diferenzas que ás veces non aceptamos, non entendemos ou simplemente rexeitamos. 







miércoles, 2 de abril de 2014

O NOSO CLUB SAE NO XORNAL

O domingo 30 de marzo LA VOZ DE GALICIA publicou a entrevista que concederon  a coordinadora do noso club de lectura e un alumno membro do mesmo. Aquí vos deixamos a publicación.






jueves, 27 de marzo de 2014

El CURIOSO INCIDENTE DEL PERRO A MEDIANOCHE, DE MARK HADDON

   O libro que imos ler agora é O curioso incidente do can a medianoite, do escritor británico Mark Haddon. Dispoñemos da súa versión orixinal en inglés e as traducións en galego e castelán. Pareceunos unha boa elección, xa que foi o máis lido no curso pasado por outros clubs.

    Esta obra conta a historia de Christopher, un rapaz de 15 anos de idade que vive en Swindon, no Reino Unido. A súa vida está marcada por un trastorno que el padece, e que estaría enmarcado dentro do amplo espectro do autismo. E vai ser o propio Christopher o que nos conte a súa vida. 

   Trátase dunha historia sobre as distintas maneiras de percibir a realidade.  Seguro que Christopher nos vai facer reflexionar co seu relato.




COMENTAMOS CARTAS DE INVERNO

      O día 25 de marzo fixemos a reunión do club de lectura para comentar o libro Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. O que máis nos chamou a atención desta novela é o ben escrita que está a historia. O escritor crea unha atmósfera de terror e case angustia dun xeito maxistral. A algúns dos membros do club esta lectura fíxolles desexar coller o coche e ir ata os lugares ben coñecidos que o autor describe, para atopar esa famosa casa. 
      Iso sí, o final aberto da novela foi motivo de discusión. Para algúns lectores ese final supuxo unha pequena decepción, mentres que para outros lles deu a oportunidade de exercitar a súa imaxinación. Ben sabido é que para gustos se pintan colores. 
      O importante é gozar da lectura, e con esta obra conseguímolo unha vez máis.




viernes, 7 de febrero de 2014

CARTAS DE INVERNO, DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Aproveitamos a reunión do club para elixir a nosa seguinte lectura: Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. 

A trama desta historia xira en torno ao escritor Xabier Louzao, que volve a Galicia tras unha larga estancia en Quebec. Á súa volta atopa as cartas que o seu amigo Adrián, un famoso pintor, lle foi enviando durante a súa ausencia. Nesas cartas Adrián fálalle entusiasmado da súa nova casa que reformou completamente. Pouco a pouco o ton das cartas vai adquirindo unha inquietude que desemboca en terror manifesto ante os acontecementos que acontecen na mansión. Xabier toma a decisión de acudir na axuda do seu amigo... 

E agora... a  gozar desta novela de terror!!!









POSTA EN COMÚN DE A PRAIA DOS AFOGADOS

Chegou o momento de reunirnos para comentar A praia dos afogados, de Domingo Villar. Esta novela tivo unha acollida excelente no noso club de lectura. Algúns membros leron Ollos de auga en primeiro lugar, por recomendación dos membros do club que xa leran a primeira entrega desta novela negra. 

Encantounos como está trenzada a historia; os lugares galegos onde teñen lugar os feitos e que son tan recoñecibles pola maioría; a idea moi orixinal de escribir as definicións dunha palabra ao comezo de cada capítulo e despois usar esa palabra de xeito que todos a buscabamos cando liamos; o desenvolvemento dos personaxes, especialmente o inspector Leo Caldas e o seu axudante aragonés. Que dificil debe resultar para alguén de fóra de Galicia entender ás veces a nosa maneira de contestar con outra pregunta!

Non hai dúbida que recomendamos a lectura desta obra e esperamos que Domingo Villar nos deleite axiña cunha terceira entrega. 

Aquí vos deixamos algunhas fotos da nosa reunión.