Buscar este blog

viernes, 18 de octubre de 2019

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

                  PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

    
O día 15 de outubro reunímonos o club de lectura "Mendebiblos", para dar a benvida aos novos compoñentes do mesmo. Tras completar unha ficha, onde explicaron a súa motivación para pertencer a este club así como as súas  preferencias lectoras, decidimos o libro que imos ler este trimestre. A obra elexida é: A dúbida de María Reimóndez.


Decidindo a nosa primeira lectura

Novas integrantes do club completando a ficha





Adrián mostra un exemplar da lectura elixida












miércoles, 19 de junio de 2019

ÚLTIMA REUNIÓN DO CLUB



   O venres 14 de xuño fixemos a última reunión do club cun almorzo os profesores e alumn@s do club. Reunímonos nun restaurante-buffet do Centro Comercial Pontevella.

    Rematado o almorzó e ao redor dun café comentamos o libro Indomable. Diario de una chica en llamas de @Srtabebi. O libro gustou moito pola cercanía dos temas que se tratan, lemos algunos dos poemas que a cada un nos impactou máis e comentámolos todos xuntos.






 

jueves, 16 de mayo de 2019

TERTULIAS EN GALEGO

 
O xoves 25 de abril tivemos de novo a oportunidade de asistir no Liceo de Ourense,  a tertulia do libro de galego: Deixe a súa mensaxe despois do sinal de Arantza Portabales.
 
 O encontro foi moi positivo. En primeiro lugar era un libro que se adecuaba ao nivel do noso alumnado da ESO cunha forma narrativa novidosa e atractiva e temas que se prestaban a debate. As nosas alumnas atreveusen a falar por primeira vez.
 
Para os rapaces é un proxecto moi interesante porque, á vez que lles dá a oportunidade de interactuar con alumnado de máis centros educativos de Ourense, lles  serve como animación á lectura. Se  ademais  teñen o aliciente,como neste caso, de poder falar coa autora, para eles é una experiencia nova e enriquecedora. 
 
Os nosos rapaces coa escritora, Arantza Portabales.
 




miércoles, 24 de abril de 2019

CUARTA REUNIÓN DEL CLUB

CUARTA REUNIÓN DO CLUB

O martes 2 de abril fixemos a cuarta reunión do club para comentar Crónicas Incongruentes de Miguelanxo Prado.
 
O libro recolle seis historietas curtas humorísticas (excepto nun caso), nas que a través da esaxeración o autor  crea situación absurdas de temas da nosa realidade cotiá. O autor critica de forma aberta aspectos da sociedade humana como a burocracia, a xustiza, a actividade da policía, os malos tratos infantís ( sendo este a única historia carente de toque humorístico) ou a violencia no deporte.

 O libro gustou moito e todos estivemos de acordo en que a temática tratada é a realidade que vivimos día a día con comportamentos que como ilustra o título do libro son totalmente incongruentes.
 
Tamén na reunión decidimos a nosa próxima lectura. Neste caso pasamos do cómic á poesía, cun libro de @Srtabebi : Indomable. Diario de una chica en llamas.
 
 
 

 








                                                       A NOSA PRÓXIMA LECTURA









miércoles, 27 de febrero de 2019

TERTULIAS LITERARIAS NO LICEO DE OURENSE

   Un ano máis, o noso centro tivo a oportunidade de participar  nas Tertulias Literarias  que organizan a Concellería de Educación e a Deputación de Ourense. A primeira das tertulias, en castelán,  tivo lugar o pasado martes 19 de febrero.  O libro escollido para estas tertulias foi a novela Mejor la ausencia,  de Edurne Portela. O xoves 21, acudiu ao Liceo de Ourense, a autora do libro que mantivo un debate co alumnado dos centros participantes.






Eva, Verónica, Mar y Carmen, disfrutando da experiencia


 Eva coa autora do libro, Edurne Portela, firmándolle un exemplar do seu libro.


    A valoración destas tertulias é moi positiva pois todos enriquecémonos das diferentes impresións e achegas que fan os outros e  permiten  desenvolver habilidades sociais como a lectura, a expresión, o respecto ás opinións dos outros e ademáis entre  os adolescentes supéranse vergonzas e medos, etc.
 
 

miércoles, 13 de febrero de 2019

TERCEIRA REUNIÓN DO CLUB
 
O martes  22 de xaneiro reunímonos os integrantes do club de lectura para falar do libro Agosto do 36 de Xosé. F. Ferreiro. O libro como o seu nome indica , narra o que aconteceu nunha aldea preto de Ourense a una parella de mestres, baseándose nun feito que pasou realmente.
 
A novela te atrapa dende o principio, a pesar de que tamén dende ese momento sábese o que vai pasar.. O autor narra os acontecementos dun modo tan real que nos vemos mergullados na trama, sufrindo cos personaxes e creando un clima cada vez máis tenso.
 
En xeral o libro gustou polo tema, por estar moi ben narrados os acontecementos e ter uns personaxes moi definidos que te provocan de inmediato posicionarte ó lado dos mestres e odiar ós que os persiguen.
 
Por último, na reunión tamén eliximos a nosa próxima lectura: Crónicas incongruentes de Miguelanxo Prado.
 
 
 

 





Resultado de imagen de cronicas incongruentes
A NOSA PRÓXIMA LECTURA


                            O alumnado do club mostrando os exemplres da nosa próxima lectura:
                            Crónicas incongruentes de Miguelanxo  Prado