Buscar este blog

sábado, 12 de marzo de 2022

VOLVEN AS TERTULIAS LITERARIAS DO CONCELLO DE OURENSE

PRIMEIRA DAS TERTULIAS EN CASTELÁN

Tras o parón provocado pola COVID-19, de novo este curso 21-22, o noso centro ten a oportunidade de participar  xunto con outros 14 centros de ESO e Bacherelato da provincia,  nas Tertulias Literarias organizadas pola Concellería de Educación e pola Deputación Provincial de Ourense.

A primeira das tertulias, en castelán, tivo lugar o pasado xoves, 10 de marzo. O libro escollido para esta tertulia foi a novela El río baja sucio, de David Trueba.

Sergio, Andrea, Uxía e Sara, alumnos de 4º da ESO, acompañadas polas  súas profesoras de Lingua Castelá e Galega, Clara e Ana, tiveron a oportunidade de compartir as súas impresións con outros compañeiros do IES Xulio Prieto Nespereira de Ourense e  do IES San Mamede de Maceda.

A valoración destas tertulias é moi positiva, pois todos enriquecémonos das diferentes achegas que fan os outros e permiten desenvolver habilidades sociais como a lectura, a expresión, o respecto ás opinións dos outros e ademáis entre os adolescentes supéranse vergonzas e medos.

                                                 




                                                    O alumnado participante nas tertulias




Os nosos alumnos coas suas profesoras






viernes, 11 de marzo de 2022

CUARTA REUNIÓN DO CLUB

 O pasado xoves 10  de marzo, reunímonos de novo os integrantes do club de lectura para comentar a novela de Arantza Portabales, Beleza vermella.

 Trátase dunha novela negra cuxa trama parece sacada das novelas de Agatha Christie, trasladando o escenario a terras gallegas, concretamente a Santiago de Compostela onde se comete un espantoso crime que semella unha obra de arte. A asasinada é a sobriña da máis importante artista galega, e a maneira en que aparece o cadáver semella un dos seus traballos de vangarda ( todo o cuarto cuberto uniformemente co sangue da vítima). Seis persoas, todas achegadas á vítima, son sospeitosas, porque todas poderían ter motivos para cometer o crime. 

En xeral a novela gustou bastante, o misterio e a intriga conseguen atrapar ó lector desde as primeiras páxinas, pero o asasinato é simplemente unha excusa para falar de cosas cotidianas e de sentimentos. Todo o argumento xira en torno á culpa. Isto levounos a pensar en como ela non nos deixa seguir adiante e pasámonos  a vida mirando cara atrás. O crime é tan só o pretexto para que os personaxes manifesten  que experimentan ante o que sucedeu.

 Cando Xiana, a filla adolescente, aparece morta, o caso recae nunha parella de policías que manteñen dúas relacións: unha profesional e outra persoal, que non poden separar e que esconde tantos segredos como o caso en si. Ao longo da investigación sairán á luz todos os trapos sucios dos vínculos entre cada un dos integrantes da familia e cada un deles está marcado polo odio, a envexa, os celos, o desexo ou a paixón.

Tamén falamos do amor entre os diferentes personaxes, un amor  que vai desde o amor absorbente ao amor frustrado, pasando polo amor paterno-filial, a un amor fraternal moi complicado, ao medo a amar e a superación da perda dun ser querido...

Trala reunión decidimos a nosa próxima lectura e o libro elixido é REWIND de Juan Tallón.


                                     

                                    





                                                         A NOSA PRÓXIMA LECTURA