Buscar este blog

domingo, 26 de abril de 2026

SEGUNDA REUNIÓN DO CLUB DE PROFES

Despois do éxito da primeira xuntanza tiñamos ilusión por repetir a experiencia, pero no segundo trimentre foinos imposible encontrar unha data que nos fose ben todas. Despois de varios intentos, decidimos deixalo para o terceiro trimeste, e coincidiunos moi ben, porque a fixemos o 23 de abril, e así de camiño celebramos o Día do libro.

Desta vez o libro que eliximos foi El faro del silencio de Ibon Martín e, aínda que non gustou moito, deunos tema para o debate e para pasalo moi ben, como na anterior ocasión.

Esta vez xa deixamos elixido o libro de lectura Comerás flores, de Lucía Solla Sobral e o día de reunión, o 4 de xuño á hora de xantar. Así xa procuramos estar libres para ese día e non será tan dificultoso pórse de acordo. 


Estamos, ademais, convidados polos compañeiros do IES 12 de Outubro para acudir á súa reunión de club o día 20 de maio e van ler o mesmo título ca nos. Ese día devolverémoslle o convite para que participen eles na nosa reunión final. Será unha experiencia positiva e de convivencia entre centros, que non ten que ser a última.

Un momento durante a reunión, co libro de lectura:


martes, 21 de abril de 2026

SÉTIMA REUNIÓN DO GRUPO MIXTO DE 1º E 2º DA ESO

O luns 20 de abril reunímonos o club de lectura de 1º e 2º da ESO. Esta vez eliximos O achado do Castro de Manuel Núñez Singala.
É un libro moi divertido e fácil, para este terceiro trimestre que vén cargado de traballo e exames finais. Ademais, como é teatro, prestamos atención a un xénero distinto da narrativa e para a última reunión faremos unha lectura escénica no castro de Santomé, que temos aquí ben preto do noso Centro.

O alumnado durante a reunión, mostrando o libro elixido:

SÉTIMA REUNIÓN DO GRUPO MIXTO DE 3º E 4º DA ESO

 

O venres 10 de abril reunímonos o club de lectura de 4º da ESO para elixir libro para este terceiro trimestre. Xa quedaramos en que ía ser de poesía ou teatro, que son xéneros  menos presentes do que deberían nas nosas lecturas e nas da maioría da xente. Desta vez escollemos Passa-Montanhas, de Séchu Sende, un libro orixinal, que tamén se presta a facer actividades diferentes. 

Primeiro imos elixir tres poemas cada un, os que máis nos gustaron; logo quedarémonos con un, sen que se repita, para na última reunión gravar unha lectura deste con pasamontañas, tal e como propuxo o autor e realizou con varias colaboracións.
O alumnado durante a reunión
O alumnado mostra o libro 

O xoves día 16 de abril reunímonos a segunda parte do club, os de terceiro. Neste grupo non tiñan claro en principio se querían o mesmo que os seus compañeiros ou non, polo que puxemos varias opcións sobre a mesa.
Os membros do club con todos os libros que tiñamos para elixir encima da mesa.
Aínda que finalmente lles gustou a actividade que van facer os seus compañeiros de cuarto e decantáronse polo mesmo. Ademais así podemos facer unha reunión final conxunta, para pechar o ano lector.
Mostrano libro elixido
Como no resto das ocasións, se un bo libro vai acompañado de algunha lembetada, moito mellor!