Buscar este blog

martes, 28 de enero de 2020

TERCERA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

TERCERA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA 


O martes, 21 de xaneiro, fixemos a tercera reunión do club de lectura, para comentar a obra de Manuel Núñez Singala, Instruccións para tomar caféConxunto de relatos cos que o autor consegue reunir nun único libro: un libro de reclamacións, un libro de estilo, un libro de instruccións, e un libro de contos.

 En xeral, o libro gustou moito. É un libro diferente e de fácil lectura. Nesta reunión, cada membro de club, leu en voz alta algún relato que lle chamase especialmente a atención e comentouno ante todos dando pé a un interesante debate. Algúns dos títulos foron: "Cocido familiar", "Amputado", "Gastronomía transfronteriza", "Poesía oriental", "Instruccións para parecer galego I,II e III, "Instruccións para falar do tempo", "Sacrificio", "Competencia"...



Neste conxunto de relatos indágase sobre nós mesmos, sobre o que nos fai grandes como seres humanos e tamén arredor das nosas mesquindades, sobre o que nos define como persoas e como galegos, e todo isto dende a ironía, cunha perspectiva impregnada de humor e retranca.


 
 

 


 





  

Nesta reunión decidimos ademáis, ler o libro La tigresa y el acróbata de Susanna Tamaro




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario