Buscar este blog

lunes, 20 de enero de 2020

 
SEGUNDA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA 
   
O martes, 3 de decembro, reunímonos de novo para comentar o libro de María Reimóndez, A dúbida, unha obra chea de interesantes temas e dun profundo contido.

María Reimóndez é una das grandes referentes da literatura galega actual, e una firme defensora da perspectiva feminista en todos os ámbitos da vida.

Argumento do libro
 
  
 Deli descobre un día pola mañá, coa chegada repentina da policía á súa casa, de que o seu home Vicente está acusado da violación dunha menor. A situación aínda empeora cando se descobre que a rapaza violada é Ana, a filla dos seus mellores amigos. A novela parte dun feito de gran peso para o desenvolvemento posterior da obra xa que, a partir del, xurdirán temas moi presentes e de debate na actualidade como é o caso da corrupción, da prostitución pero sobre todo do papel da muller na sociedade de hoxe.

O libro gustounos moito  Un dos temas que máis debatimos foi se Deli debía apoiar ao seu marido sabendo que non era inocente como ela mesma coñecía, ou sacar valor e a diferencia de como farían moitas mulleres ocultando a verdade, ir en contra do seu marido e amosarlle a todo o mundo que realmente violou a Ana.















Despois de comentar o libro decidimos a próxima lectura que será o libro de Manuel Núñez Singala, Instruccións para tomar café.
   
 
 

 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario