Ola a todos! Hai varios anos que puxemos en marcha no CPI José García
García o Club de Lectura Mendebiblos.
Cada ano contamos con máis participantes e máis apoio de todo o centro.
Para dar difusión ao noso club puxeramos en marcha un blog:
Este ano ao dar comezo a actividade do club decidimos cambiar o enderezo do
noso blog. Así levaremos o blog da biblioteca e do club desde a mesma
plataforma. Desde aquí e, de agora en diante, podedes seguir informados sobre
as lecturas, reunións e actividades do Club Mendebiblos.
Seguiremos a dar novas interesantes relacionadas co mundo dos libros,
recomendaremos lecturas e facilitaremos enlaces de páxinas web que poidan
servos de utilidade.
Tamén agradeceremos as vosas suxestións sobre temas relacionados coa
lectura. Para iso contamos cun apartado para facer suxestións neste blog.
Unha vez máis, esperamos contar coa vosa participación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario