Buscar este blog

lunes, 8 de junio de 2026

ACTIVIDADE DO CLUB DE LECTURA: LEMOS MENTRES BORDAMOS E CONTAMOS COA VISITA DE SÉCHU SENDE.

En colaboración coa "Biblioteca Creativa" atrevémonos a bordar bolsas no noso Çlub de Lectura. Imitando o que relata nunha narración Manuel Rivas, que conta como na fábrica de tabacos da Coruña había unha muller encargada de ler mentres as demais traballaban, que nos pareceu unha forma moi bonita de lectura compartida, nós decidimos imitalas e, mentres unha persoa lía poemas de Séchu Sende, os demais, agulla en man, puxémonos ao traballo.
Na seguinte sesión contamos coa presenza de Séchu Sende, que nos falou do libro e nos contou unha serie de anécdotas relacionadas con el. Tamén nos falou dos proxectos literararios que ten en marcha e asinounos algúns exemplares para gardar como recordo na biblioteca, tanto de Passa-montanhas como de Made in Galiza. Paro o noso alumnado a presenza do autor, en todo momento moi simpático e próximo, foi moi motivador.