O mércores 5 de novembro, reunímonos co alumnado de 1º e 2º da ESO. Aínda que a lectura proposta inicialmente foi Las ventajas de ser un marginado, este título cambiouse por I`m Obelix, de Raquel Fernánez Fernández, porque o grupo é moi numeroso e non había exemplares suficientes.
En xeral, o libro está tendo moi boa acollida. O seu ritmo áxil e o multiperspectivismo narrativo fai que resulte unha lectura atractiva e doada para o alumnado.
A reunión deunos para debater sobre temas como TDAH,
visto desde perspectivas diferentes: a dos pais, a dos profesores… Tamén se
falou sobre a necesidade e mesmo preocupación que, moitas veces, ten o alumnado
por encaixar no grupo clase; o que nos leva a achegarnos aos alumnos máis populares,
que non sempre van ser os máis axeitados nin afíns a nós. Despois disto,
falamos do verdadeiro valor da amizade.
Hai un interese xeneralizado por saber que destino lle
espera ao noso protagonista: se a situación que está a vivir se vai complicar,
se esas burlas das que é obxecto se van incrementar…Para saber todo iso, temos
que continuar lendo o libro.
Algúns momentos durante o debate:






















