Buscar este blog

domingo, 26 de abril de 2026

SEGUNDA REUNIÓN DO CLUB DE PROFES

Despois do éxito da primeira xuntanza tiñamos ilusión por repetir a experiencia, pero no segundo trimentre foinos imposible encontrar unha data que nos fose ben todas. Despois de varios intentos, decidimos deixalo para o terceiro trimeste, e coincidiunos moi ben, porque a fixemos o 23 de abril, e así de camiño celebramos o Día do libro.

Desta vez o libro que eliximos foi El faro del silencio de Ibon Martín e, aínda que non gustou moito, deunos tema para o debate e para pasalo moi ben, como na anterior ocasión.

Esta vez xa deixamos elixido o libro de lectura Comerás flores, de Lucía Solla Sobral e o día de reunión, o 4 de xuño á hora de xantar. Así xa procuramos estar libres para ese día e non será tan dificultoso pórse de acordo. 


Estamos, ademais, convidados polos compañeiros do IES 12 de Outubro para acudir á súa reunión de club o día 20 de maio e van ler o mesmo título ca nos. Ese día devolverémoslle o convite para que participen eles na nosa reunión final. Será unha experiencia positiva e de convivencia entre centros, que non ten que ser a última.

Un momento durante a reunión, co libro de lectura:


No hay comentarios:

Publicar un comentario