Buscar este blog

martes, 13 de mayo de 2025

QUINTA REUNIÓN DO GRUPO MIXTO DE 3º e 4º DA ESO

 O pasado xoves, 8 de maio,  reunímonos os membros do club de lectura de 3º e 4º da ESO. Como na cuarta reunión leramos distintos libros en cada curso, desta vez fixemos á inversa, o alumnado de 4º comentou Los incomprendidos de Pedro Simón e os de 3º As flores de ferro de María Rei Vilas.

Os asistentes ao club foron moitos menos desta vez, porque coincide xa no último trimestre, teñen moitas lecturas das materias de Lingua Galega e Lingua Castelá e dos Faladoiros do concello de Ourense, e ademais están preparando os exames. Isto fai que para anos vindeiros nos teñamos que replantexar o número de libros e o calendario de lecturas do club.

Os comentarios non diferiron moito da sesión anterior, resultoulles pouco atractiva a lectura en xeral, aínda que con algunhas excepcións.

Eliximos libro para a despedida do club deste curso, que terá lugar nun restaurante da cidade, como xa é tradición. Remataremos con As malas mulleres, de Marilar Aleixandre.

Os membros do club durante a reunión:




Libro elixido para a última reunión:

Sinopse:

A través das páxinas de As malas mulleres, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción Arenal, visitadora de prisións; e Juana de Vega, cruciais para entendermos a nosa historia e as do “mudo coro das malas mulleres”, que entoa prantos sobre encontros cos predadores sexuais.

A novela está escrita contra a desmemoria, para recuperar a memoria das excluídas, reclusas no cárcere da Galera, da Coruña, en 1863. Unha atención ás excluídas onde Arenal e Juana de Vega, traballando a prol da dignificación das persoas, foron pioneiras. Asemade é un canto ao papel dos libros e a lectura en mellorar a vida das persoas, en dar esperanza ás desesperadas.

Como é habitual na obra de Marilar Aleixandre, a novela vai enmarcada nun ton poético e, sobre todo, nunha trama ben armada e chea de rexistros literariamente moi potentes.









sábado, 10 de mayo de 2025

QUINTA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º e 2º DA ESO

 

O pasado mércores, 7 de maio,  reunímonos os membros do club de lectura de 1º e 2º da ESO para comentar o que máis nos gustou do libro proposto: Erik Vogler, de Beatriz Osés.

En xeral, a novela foi do agrado do alumnado, aínda que sinalaron que lles gustou máis o primeiro libro da colección porque mantiña a intriga desde o principio ata o fiñal; aínda así, as aventuras de as aventuras de Erik Vogler en Muerte en el Balneario volveron engaiolar aos nosos alumnos que comentaron, entre risas, as diferentes formas nas que tentan asasinar ao protagonista ao longo da obra e coincidiron en que o final foi especialmente divertido. Tamén manifestaron a súa intención de seguir lendo o restdos libros da colección.

Os membros do club durante a reunión:




O libro elixido para a última reunión deste ano:


Sinopse:

A banda sen futuro reflicte a historia de Carlota, unha rapaza de dezaseis anos que debe facer amigos no seu instituto novo. Non é doado conseguilo e menos se unha ten o cabelo rapado ó cero e se sente como un ídem á esquerda. Carlota non entende por que os seus pais a obrigan a ir a clase. Só, Poch o cantante morto de Derribos Arias é quen de comprendela e manter longas conversas co ela desde a súa foto, aínda que non sempre lle dá a razón.Nestes meses Carlota descubrirá o amor e o desamor, e intentará pillar o ceo cos pés.A banda sen futuro reflicte a historia de Carlota, unha rapaza de dezaseis anos que debe facer amigos no seu instituto novo. Non é doado conseguilo e menos se unha ten o cabelo rapado ó cero e se sente como un ídem á esquerda. Carlota non entende por que os seus pais a obrigan a ir a clase. Só, Poch o cantante morto de Derribos Arias é quen de comprendela e manter longas conversas co ela desde a súa foto, aínda que non sempre lle dá a razón.Nestes meses Carlota descubrirá o amor e o desamor, e intentará pillar o ceo cos pés.