Buscar este blog

sábado, 26 de octubre de 2024

PRIMEIRA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º e 2º DA ESO

O pasado xoves, 24 de outubro,  reunímonos os membros do club de lectura de 1º e 2º da ESO.

Este ano decidimos darlle unha nova oportunidade ao grupo dos máis pequenos de secundaria, dado que mostraban un grande entusiasmo por esta actividade. 

Dámoslles a benvida ao club, explicámoslles as normas, entregamos o calendario de reunións e a continuación imos propoñendo títulos entre os que elixir a nosa primeira lectura. 

Finalmente, decidimos que na próxima reunión comentaremos a obra de teatro Atranco no banco, de Núñez Singala.



Sinopse do libro:
Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zoupóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia que tes nas mans, como non podía ser doutra maneira se o autor é Manuel Núñez Singala. Un dúo de ladróns sen vocación, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero que non o é tanto. Personaxes que fían unha disparatada trama na que a risa está máis que garantida.E tamén, como é norma do autor, unha obra que nos vai facer pensar, entre gargallada e gargallada, aínda que só sexa un pouquiño.

Os membros do club durante o debate:


Ao final mostran o libro elixido:


Nesta ocasión tivemos un convidado especial. Será que se achega o Samaín?




No hay comentarios:

Publicar un comentario