Buscar este blog

viernes, 16 de junio de 2023

ÚLTIMA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE MAIORES

 

ÚLTIMA REUNIÓN DO CLUB

O pasado xoves 15 de xuño, fixemos a última reunión do club de lectura cun almorzo os profesores e alumn@s do club nun restaurante-buffet do Centro Comercial Pontevella.

Rematado o almorzó, nun ambiente distendido ao redor dun café, comentamos o libro de Arantza Portabales, Deixe a súa mensaxe despois do siñal, unha magnífica novela protagonizada por catro mulleres moi diferentes e con idades moi dispares, pero que teñen algo en común, todas deciden deixar mensaxes nos contestadores automáticoa e ó final as súas vidas acabarán cruzándose dalgunha forma.

O libro, en xeral, gustou moito. Ten unha lectura moi áxil, cuns capítulos moi curtos que alternan as voces de catro mulleres onde nos falan dos seus sentimentos máis íntimos, do amor, da culpa, da dor, da traición...

A posta en común do libro foi moi interesante. Cada membro do Club falou do seu personaxe preferido e por que, coincidindo a maioría en Carmela, unha muller entrañable, que aímda que está a morrer, non está disposta a perder o tempo que lle queda.

A lectura do libro é moi recomendable , pero non só para mulleres, porque aínda que as protagonistas son mulleres, non é unha novela de mulleres. Os homes tamén disfrutarán coa súa lectura e quizais eles tamén recoñezan nestas mulleres a outras que se atopan á súa beira.

 

COMIDA


POSTA EN COMÚN







No hay comentarios:

Publicar un comentario