Buscar este blog

lunes, 9 de enero de 2023

 PRIMEIRA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º E 2º DA ESO

 A primeira reunión deste grupo tivo lugar o día 19 de outubro e  o alumnado participante no Club escolleu como primeira lectura do curso Penúltimas tendencias de Carlos Negro publicado no ano 2014. Trátase dun diario dunha adolescente que, mediante o uso da poesía, pretende romper cos estereotipos de xénero e cos cánones de beleza que marcan a sociedade e os medios.


Nesta primeira reunión falouse do que suxería o título e a portada para cada un dos participantes. Posteriormente quedou fixada a data para comentar o libro, que sería o 17 de novembro.

                                                    PRIMEIRA LECTURA 




  SEGUNDA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º E 2º DA ESO

O día 17 de novembro tivo lugar a segunda reunión deste grupo e nela  léronse os poemas do libro Penúltimas tendencias, que máis gustaron a cada un, reflexionando sobre os temas que plantexa o libro, traéndoos á actualidade e contextualizándoos na realidade do noso alumnado. Posteriormente, varias alumnas do club de lectura gravaron algúns dos poemas para emitir o 25 de novembro na radio escolar. 

A lectura deste libro foi do agrado do alumnado e xerou interesantes debates cos que, agardamos, se plantase unha semente crítica coas tendencias impostas pola sociedade.

Nesta reunión tamén se decidiu a seguinte lectura que será La tuneladora de Fernando Lalana.

                                             Posta en común da lectura






                                           Elección do segundo libro
                                              

No hay comentarios:

Publicar un comentario