Buscar este blog

sábado, 11 de junio de 2022

ENCONTRO CO ESCRITOR E CINEASTA DAVID TRUEBA

 O pasado xoves, 9 de xuño, unha vez rematada a nosa tertulia no Centro Comercial, continuamos a tarde cun encontro, no Liceo de Ourense,  con David Trueba, o autor do libro que léramos nos faladoiros organizados pola Deputación e o Concello de Ourense.

O encontro resultou moi interesante. David Trueba respondeu ás preguntas que lle formularon os estudantes en torno ao seu libro El río baja sucio –sobre o que traballaron durante o curso un total de 200 alumnas e alumnos de 14 institutos-, interesándose por diversos aspectos que recolle o libro como o medio ambiente, os diferentes modelos de familia da sociedade actual ou as relacións tóxicas.

O “Río baixa sucio” é unha novela para todas as idades. É unha historia sobre a perda da inocencia que, ao mesmo tempo, fala do ecoloxismo, o descubrimento da natureza polos adolescentes, a corrupción política e a relación entre pais e fillos. En definitiva, toda unha reflexión sobre a vida real a través da mirada de dous adolescentes.

 Atopámonos cun autor moi próximo, moi agradable e simpático que despois de case hora e media de faladoiro, aínda estivo a asinar libros case unha hora máis. 

Parabéns á  Deputación e ó Concello de Ourense por estas iniciativas tan interesantes que perseguen o fomento da lectura e a cultura.





 TRUEBA FIRMANDO OS LIBROS  DOS NOSOS ALUMNOS E OS SEUS PROFESORES


Celso, Ana e Clara cos seus alumnos: Sergio, Sara, Andrea, Uxía e Susana.
                           


O noso alumnado con Trueba.


No hay comentarios:

Publicar un comentario