Buscar este blog

viernes, 11 de marzo de 2022

CUARTA REUNIÓN DO CLUB

 O pasado xoves 10  de marzo, reunímonos de novo os integrantes do club de lectura para comentar a novela de Arantza Portabales, Beleza vermella.

 Trátase dunha novela negra cuxa trama parece sacada das novelas de Agatha Christie, trasladando o escenario a terras gallegas, concretamente a Santiago de Compostela onde se comete un espantoso crime que semella unha obra de arte. A asasinada é a sobriña da máis importante artista galega, e a maneira en que aparece o cadáver semella un dos seus traballos de vangarda ( todo o cuarto cuberto uniformemente co sangue da vítima). Seis persoas, todas achegadas á vítima, son sospeitosas, porque todas poderían ter motivos para cometer o crime. 

En xeral a novela gustou bastante, o misterio e a intriga conseguen atrapar ó lector desde as primeiras páxinas, pero o asasinato é simplemente unha excusa para falar de cosas cotidianas e de sentimentos. Todo o argumento xira en torno á culpa. Isto levounos a pensar en como ela non nos deixa seguir adiante e pasámonos  a vida mirando cara atrás. O crime é tan só o pretexto para que os personaxes manifesten  que experimentan ante o que sucedeu.

 Cando Xiana, a filla adolescente, aparece morta, o caso recae nunha parella de policías que manteñen dúas relacións: unha profesional e outra persoal, que non poden separar e que esconde tantos segredos como o caso en si. Ao longo da investigación sairán á luz todos os trapos sucios dos vínculos entre cada un dos integrantes da familia e cada un deles está marcado polo odio, a envexa, os celos, o desexo ou a paixón.

Tamén falamos do amor entre os diferentes personaxes, un amor  que vai desde o amor absorbente ao amor frustrado, pasando polo amor paterno-filial, a un amor fraternal moi complicado, ao medo a amar e a superación da perda dun ser querido...

Trala reunión decidimos a nosa próxima lectura e o libro elixido é REWIND de Juan Tallón.


                                     

                                    





                                                         A NOSA PRÓXIMA LECTURA







No hay comentarios:

Publicar un comentario