Deixando de lado o dramatismo, a obra fai un retrato da propia familia de Wolff e de toda unha época,
A opinión xeral do club foi que a trama non terminou de enganchar o suficiente e nalgunhas ocasións era demasiado lenta, pero o libro está escrito con escrupulosa crudeza e realismo e precisamente pensamos que é o estilo o que salva a novela: dinámico, veloz, lixeiro, vivo. E grazas ao estilo, e ás numerosas anécdotas que conta, tamén consegue que o protagonista cáianos moi ben. A golpe de fracaso, pero afrontándoo con optimismo, Wolff consegue mellorar e madurar.
Nesta reunión decidimos, ademáis, ler un libro de poesía recomendado pola nosa compañeira de galego, Ana González. O libro titúlase Penúltimas tendencias de Carlos Negro.



No hay comentarios:
Publicar un comentario