O sábado 17 de xuño
celebrouse a X Xornada dos Clubs de Lectura, co lema “Somérxete”, no Palacio de Congresos e Exposicións de
Galicia, en Compostela. Esta foi unha data especial pois ademais das
coordinadoras dos clubs asistiu como invitado o alumnado e o profesorado dos
mesmos. A Xornada, desde o noso punto de vista, foi un éxito, en primeiro lugar
pola elección das persoas convidadas para impartir os obradoiros e as charlas,
todas elas moi coñecidas e admiradas polo alumnado: Miguelanxo Prado, Óscar
López, Ledicia Costas, Carlos Negro, María Reimóndez, Rosa Aneiros... e, en
segundo lugar, pola organización e o xantar que permitiu un intercambio de
ideas entre o alumnado, profesorado e coordinadoras dos clubs.
A Xornada foi clausurada polo gran escritor de literatura
xuvenil e xornalista César Mallorquí, que despois da súa intervención charlou
co noso alumnado e asinoulles un dos seus libros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario