Buscar este blog

martes, 25 de marzo de 2025

CUARTA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º e 2º DA ESO

 O pasado venres, 21 de marzo,  reunímonos os membros do club de lectura de 1º e 2º da ESO para comentar o libro proposto: Aire negro, de Agustín Fernández Paz.

Descendeu o número de participantes, entre outras cousas porque coincidía coa avaliación, pero tamén porque se foron desanimando.

Foron poucos os que remataron o libro, por iso quedamos en que fariamos outra reunión máis informal no prazo dunha semana para comentar aspectos que non puidemos tratar para non desvelar o final.

Os membros do club durante a reunión:


Mostrando o libro que elixiron para a próxima lectura:

O libro elixido:

Sinopse:

Tras los crímenes de Bremen, Erik Vogler necesitaba un descanso. Una cura de reposo, tal y como le aconsejaron los médicos. No en vano, las pesadillas con el "rey blanco" le asediaban casi todas las noches. Por ese motivo, acepta la invitación de su abuela Berta para pasar una semana en un lujoso balneario. Por supuesto no imaginaba que un relajante baño de barro se iba a convertir en un verdadero infierno. Con un protagonista aparentemente repelente, la escritora Beatriz Osés ha iniciado una de las más originales sagas de novelas policíacas de los últimos años. Impactante y sorprendente en cada frase. Te atrapa desde el primer capítulo en una espiral de tensión. Puro thriller.



martes, 18 de marzo de 2025

CUARTA REUNIÓN DO GRUPO MIXTO DE 3º e 4º DA ESO

Esta vez, para que o grupo non fose tan numeroso e puidésemos participar todos, fixemos as reunións en dous días consecutivos: o xoves 13 de marzo reunímonos co alumnado de 3º para comentar Los incomprendidos de Pedro Simón e o venres 14 comentamos cos de 4º As flores de ferro de María Rei Vilas.

Á maioría do alumnado de 3º non lle gustou o libro, algúns non conseguiron acabalo, dixeron que lles resultaba aburrido, pero ao final o debate resultou interesante. 

O máis curioso foi a diferenza de percepción que tiñan as alumnas e o profesorado. O grupo de adolescentes poñíase na pel de Inés e consideraba que os pais non a comprendían e eran moi esaxerados e dramáticos nas súas reaccións, mentres que os profesores opinaban que a adolescencia é difícil e o papel dos pais nesa etapa pode resultar moi complicado. 

No que si estaban de acordo todos os lectores e lectoras era no excesivamente dramática que era a obra, nela xa non cabían máis desgrazas. De feito todos quedamos con gana de elixir unha comedia para a próxima ocasión.

Momentos durante o debate: 




Ao día seguinte, reunímonos co alumnado de 4º ESO para comentar Flores de ferro de María Rei Vilas.


O alumnado estaba con exames, e algúns non tiveran tempo de rematar o libro, aínda que pensaban acabar de lelo nos próximos días. 

Da novela comentouse que era excesivamente descritiva e lenta, botábase de menos un ritmo máis áxil. 

O tema da Guerra Civil para algúns lectores resultou xa moi recorrente, mentres que para outros foi un aliciente que deu pé a lembrar cousas que contaban os nosos pais e avós sobre as experiencias vividas. O máis interesante da obra foi a perspectiva coa que está narrada, a filla dun dos que cometeron crimes e abusos nesa época, e que vai descubrindo pouco a pouco detalles ocultos da vida dun home que para ela foi un pai protector e afectuoso.

O debate deu pé a risas e confidencias: