Buscar este blog

miércoles, 29 de enero de 2025

TERCEIRA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º e 2º DA ESO

 O pasado xoves, 23 de xaneiro,  reunímonos os membros do club de lectura de 1º e 2º da ESO para comentar o libro proposto: La tuneladora.

Desta vez houbo menos participantes, pero aínda así seguimos sendo un nutrido grupo e puidemos comentar o que nos gustou e o que non do libro.

Aínda que non a todos lles deu tempo de rematar o libro, en xeral, gustoulles bastante e encontrárono entretido. Comentaron que sospeitaran de varios posibles culpables ao longo da historia e que os mantivera intrigados ata o final. A crítica que se lle fixo foi que o remate da historia resultaba un pouco inverosímil.

Para a próxima reunión eliximos Aire negro, de Agustín Fernández Paz, porque á maioría atraíalles que fose un libro de intriga e medo.

Os membros do club durante a reunión:

Mostrando o libro que elixiron para a próxima lectura:



O libro da próxima reunión:



Sinopse:

Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor consigue que a paciente abandone a súa prisión interior e comece a lembrar o seu pasado.«Escríbao todo, reviva outra vez o que pasou. Escriba o que non é capaz de expresar con palabras en voz alta. Así irán collendo sentido as lembranzas que agora permanecen enmarañadas na súa memoria.» O doutor conseguirá que Laura rememore todo o que lle sucedeu nos meses anteriores, cando unha escura sombra parecía ameazar a súa vida. Ningún dos dous podía imaxinar que lle estaban abrindo a porta a unha realidade terrible, ao esqueceren que por baixo da tranquilizadora superficie da vida os terrores máis fondos agardan a ocasión propicia para destruírnos.






martes, 21 de enero de 2025

TERCEIRA REUNIÓN DO GRUPO MIXTO DE 3º e 4º DA ESO

 Redes, de Eloy Moreno.

O pasado xoves, 16 de xaneiro, reunímosnos os membros do grupo mixto do Club de lectura "Mendebiblos". Desta vez comentamos Redes, de Eloy Moreno.

O libro gustou en xeral e deu pé para o debate. A primeira cuestión que se plantexou foi o final, que non deixou a ningúen indiferente, uns dicían que fora o mellor e outros que non lles gustara nada.

Outro tema que xurdiu, do que se falou moito e de forma apaixonada, foi a exposición dos menores nas redes por parte dos pais, que no caso da novela incluso se aproveitaban economicamente desta situación, sen pensar para nada na saúde mental da súa filla. 

Tamén se falou dos excesos que se poden cometar a través das redes, das adiccións, da educación que reciben os rapaces, máis destinada ao éxito que á felicidade, etc.

Por último decidimos que para a próxima reunión dividiremos o grupo en dous e facer dúas reunións, porque ao ser tan numeroso dificulta a intervención de todos os membros e tamén que haxa exemplares dos libros elixidos para ler a obra a tempo.

Momentos durante o debate: 





Mostrando os libros da seguinte reunión: 


Os libros elixidos para a próxima reunión foron: 

Sinopse: 

Camila viviu durante décadas unha mentira sostida coa complicidade dos que a rodean. No seu regreso á vila de Briana, no verán de 1987, deberá reunir o valor para enfrontarse á verdade. Alí, Antón, o ferreiro artista, pechouse no seu mundo, a arrastrar a dor e a culpa dos que non souberon ver como o mal se estendía ata que foi demasiado tarde. A visita da súa neta, Helia, vivo retrato da avoa, daralle azos para contar o que durante tantos anos calou.

María Rei Vilas debuta na novela cunha historia en que a intriga asolaga tanto o persoal coma o colectivo, cun destacado protagonismo das mulleres, uns personaxes inesquecibles e unha trama onde as vítimas silenciadas poden procurar, polo menos, unhas pingas de xustiza. Aurora, Olga, Nidia… son as flores de ferro desta historia. Pero hai máis. Houbo moitas máis.


Javier y Celia son un matrimonio de clase media con un hijo pequeño y una hija preadolescente. Él trabaja en una editorial y ella en un hospital; él arregla vidas de mentira y ella arregla vidas de verdad. Tratan de prosperar, se mudan a un barrio mejor, la cotidianidad. Podría ser la historia de muchos. Hasta que tiene lugar una excursión a Pirineos que lo cambia absolutamente todo.

Esta es la historia de un viaje al abismo que habla de otros muchos viajes. El viaje de la infancia a la convulsa adolescencia. El que va de la algarabía infantil al silencio más sepulcral. El de los padres que caminan detrás con su culpa y llegan tarde. El de los abuelos que fueron delante y a los que nadie escucha. El que hace alguien para salvar una vida. También es la historia de ese otro viaje al que todos tenemos miedo: el que habla de nuestro pasado más oscuro y secreto.

Los incomprendidos es una novela sobre la soledad familiar, la incomunicación entre padres e hijos, el horror de decir, pero también, y desde la primera página, sobre la esperanza.