Buscar este blog

sábado, 26 de octubre de 2024

PRIMEIRA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º e 2º DA ESO

O pasado xoves, 24 de outubro,  reunímonos os membros do club de lectura de 1º e 2º da ESO.

Este ano decidimos darlle unha nova oportunidade ao grupo dos máis pequenos de secundaria, dado que mostraban un grande entusiasmo por esta actividade. 

Dámoslles a benvida ao club, explicámoslles as normas, entregamos o calendario de reunións e a continuación imos propoñendo títulos entre os que elixir a nosa primeira lectura. 

Finalmente, decidimos que na próxima reunión comentaremos a obra de teatro Atranco no banco, de Núñez Singala.



Sinopse do libro:
Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zoupóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia que tes nas mans, como non podía ser doutra maneira se o autor é Manuel Núñez Singala. Un dúo de ladróns sen vocación, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero que non o é tanto. Personaxes que fían unha disparatada trama na que a risa está máis que garantida.E tamén, como é norma do autor, unha obra que nos vai facer pensar, entre gargallada e gargallada, aínda que só sexa un pouquiño.

Os membros do club durante o debate:


Ao final mostran o libro elixido:


Nesta ocasión tivemos un convidado especial. Será que se achega o Samaín?




domingo, 20 de octubre de 2024

PRIMEIRA REUNIÓN DO GRUPO MIXTO DE 3º e 4º DA ESO

O pasado xoves, 17 de outubro,  reunímonos os membros do grupo mixto do club de lectura "Mendebiblos". Dámoslle a benvida a todos e agradecemos a participación, que superou as nosas expectativas.

A continuación explicamos o funcionamento do club para aquelas persoas que viñan por primeira vez e pasamos a comentar as diferentes posibilidades de elección. 

Finalmente, decidimos a nosa primeira lectura, Furia, unha novela de María Reimóndez.

Para quen queira saber un pouco sobre o argumento:

Tras a morte da súa nai, Cecilia, unha adolescente de dezaseis anos, non sabe como convivir coa dor. Por se non fose pouco, unha pandemia, un cambio de casa, a precariedade e a incomunicación coa súa tía avoa énchena de rabia ante o mundo que a rodea. Cando a cousa parece que xa non podería empeorar máis, atópase co boxeo. Grazas a este deporte e a unha serie de persoas que a acompañarán, Cecilia atopa a confianza nas propias forzas para buscar unha vida plena, para atopar o seu lugar seguro. "Furia" non é só a historia dunha moza que se enfronta á perda e á dor, senón unha reflexión sobre os afectos e o valor verdadeiro, un canto de amor ao boxeo e unha constatación da importancia de termos sempre alguén na nosa esquina que nos guíe á hora de evitar os golpes eludibles e nos acompañe para encaixar os inevitables.

Elixindo o libro:




Un club bastante numeroso, case non cabemos no noso recuncho informal.




miércoles, 16 de octubre de 2024

1ª Reunión do Club de lectura

 

CLUB DE LECTURA MENDEBIBLOS

CURSO 2024/2025

CPI JOSÉ GARCÍA GARCÍA

 

Anímate a participar!


O XOVES DÍA 17 COMEZAMOS

Agardámoste na bilioteca á hora do recreo