Buscar este blog

sábado, 7 de diciembre de 2024

SEGUNDA REUNIÓN DO GRUPO MIXTO DE 3º e 4º DA ESO

Furia, de María Reimóndez.

O pasado xoves, 5 de decembro, reunímosnos os membros do grupo mixto do club de lectura "Mendebiblos". Tocaba comentar Furia, de María Reimóndez.

Aínda que houbo algunhas excepcións, en xeral non gustou moito. Pola estrutura e os distintos narradores, ao principio resultoulles difícil de coller o fío da historia. Tamén se comentou que era demasiado tráxica e pesimista.

Aínda así, deunos para debater sobre temas interesantes que trataba: a perda e o loito, a precariedade laboral, as relacións interxeracionais, a insolidariedade entre adolescentes, as dificultades de integración das persoas que son diferentes, a sexualidade, a amizade...

Momentos durante o debate: 

   



Mostrando o libro elixido: 


O próximo libro: 

Sinopse: 

¿Cuántos likes cuesta tu felicidad?

Se pasa unas horas más viendo los viajes maravillosos, los cuerpos perfectos y todos los outfits que se prueban cada día los influencers. Y se siente mal porque ella no puede llevar la vida que ve en las redes, sabe que nunca podrá alcanzar una felicidad así. Segunda parte de INVISIBLE.



viernes, 6 de diciembre de 2024

SEGUNDA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º e 2º DA ESO

O pasado mércores, 4 de decembro,  reunímonos os membros do club de lectura de 1º e 2º da ESO, un día antes do previsto, por cuestións organizativas.

Tocaba comentar a obra de teatro Atranco no banco, de Núñez Singala. Como eramos moitos e opinar todos sobre o libro era complicado, realizamos un xogo para ver quen se fixara máis nos detalles da divertida obra. O alumnado participou con entusiasmo.

                    Os membros do club durante o xogo:


A obra gustou moito. É unha pequena peza de teatro cómica e moi faciliña de ler. O feito de que fose teatro e non novela, á que están máis acostumados, non lles supuxo ningún problema.

Para a seguinte reunión, que será o xoves 23 de xaneiro, eliximos a novela La tuneladora, de Fernando Lalana. Cambiamos de xénero e seguro que imos gozar da lectura.


               O alumnado mostrando o libro elixido:



                    O libro elixido:


     Sinopse:

La misteriosa desaparición del joven ingeniero responsable de la tuneladora que perfora los túneles del metro se va a convertir en uno de los casos más espeluznantes de los muchos a los que se ha enfrentado el investigador privado Fermín Escartín a lo largo de su carrera.

Fermín Escartín, antiguo profesor universitario reconvertido en detective, ha protagonizado ya otras novelas de Fernando Lalana, pero ninguna tan inquietante como "La tuneladora", donde la ironía más feroz, el terror más genuino y la mejor intriga policíaca se dan la mano desde la primera a la última página.

sábado, 26 de octubre de 2024

PRIMEIRA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º e 2º DA ESO

O pasado xoves, 24 de outubro,  reunímonos os membros do club de lectura de 1º e 2º da ESO.

Este ano decidimos darlle unha nova oportunidade ao grupo dos máis pequenos de secundaria, dado que mostraban un grande entusiasmo por esta actividade. 

Dámoslles a benvida ao club, explicámoslles as normas, entregamos o calendario de reunións e a continuación imos propoñendo títulos entre os que elixir a nosa primeira lectura. 

Finalmente, decidimos que na próxima reunión comentaremos a obra de teatro Atranco no banco, de Núñez Singala.



Sinopse do libro:
Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zoupóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia que tes nas mans, como non podía ser doutra maneira se o autor é Manuel Núñez Singala. Un dúo de ladróns sen vocación, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero que non o é tanto. Personaxes que fían unha disparatada trama na que a risa está máis que garantida.E tamén, como é norma do autor, unha obra que nos vai facer pensar, entre gargallada e gargallada, aínda que só sexa un pouquiño.

Os membros do club durante o debate:


Ao final mostran o libro elixido:


Nesta ocasión tivemos un convidado especial. Será que se achega o Samaín?




domingo, 20 de octubre de 2024

PRIMEIRA REUNIÓN DO GRUPO MIXTO DE 3º e 4º DA ESO

O pasado xoves, 17 de outubro,  reunímonos os membros do grupo mixto do club de lectura "Mendebiblos". Dámoslle a benvida a todos e agradecemos a participación, que superou as nosas expectativas.

A continuación explicamos o funcionamento do club para aquelas persoas que viñan por primeira vez e pasamos a comentar as diferentes posibilidades de elección. 

Finalmente, decidimos a nosa primeira lectura, Furia, unha novela de María Reimóndez.

Para quen queira saber un pouco sobre o argumento:

Tras a morte da súa nai, Cecilia, unha adolescente de dezaseis anos, non sabe como convivir coa dor. Por se non fose pouco, unha pandemia, un cambio de casa, a precariedade e a incomunicación coa súa tía avoa énchena de rabia ante o mundo que a rodea. Cando a cousa parece que xa non podería empeorar máis, atópase co boxeo. Grazas a este deporte e a unha serie de persoas que a acompañarán, Cecilia atopa a confianza nas propias forzas para buscar unha vida plena, para atopar o seu lugar seguro. "Furia" non é só a historia dunha moza que se enfronta á perda e á dor, senón unha reflexión sobre os afectos e o valor verdadeiro, un canto de amor ao boxeo e unha constatación da importancia de termos sempre alguén na nosa esquina que nos guíe á hora de evitar os golpes eludibles e nos acompañe para encaixar os inevitables.

Elixindo o libro:




Un club bastante numeroso, case non cabemos no noso recuncho informal.




miércoles, 16 de octubre de 2024

1ª Reunión do Club de lectura

 

CLUB DE LECTURA MENDEBIBLOS

CURSO 2024/2025

CPI JOSÉ GARCÍA GARCÍA

 

Anímate a participar!


O XOVES DÍA 17 COMEZAMOS

Agardámoste na bilioteca á hora do recreo

 



miércoles, 15 de mayo de 2024

XVI XORNADA DE CLUBS DE LECTURA

 




O pasado martes, 14 de maio, celebrouse no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, a reunión anual dos coordinadores dos clubs de lectura dos centros que participamos no programa de Clubs de Lectura da Consellería de Educación. 

Un ano máis as Xornadas cumpriron as expectativas previstas.

Trala inauguración, fíxose entrega do Premio dos Clubs de Lectura 2024 á escritora Arantza Portabales, por ser a autora galega máis lida nos clubs de lectura no curso 2022-2023. Posteriormente falou de como e cando empezou a escribir, sinalando que, precisamente, grazas ás bibliotecas escolares fíxose escritora. A súa naturalidade  e espontaneidade fixeron que a charla resultase moi entretida.

O programa contou, ademais, coa intervención por videoconferencia da antropóloga e investigadora Michele Petit e sesións simultáneas de obradoiros de teatro, poesía, cómic e mesas de experiencias de centros integrados no programa arrededor dos clubs de lectura. A xornada foi pechada pola autora de banda deseñada Julia Lago.

 Parabéns unha vez máis por estas Xornadas e pola boa organización!


                                          FOTOS DOS ENCONTROS




















miércoles, 8 de mayo de 2024

QUINTA REUNIÓN DO GRUPO DE MAIORES

 

       
                    QUINTA REUNIÓN DO GRUPO MIXTO DO  CLUB DE LECTURA

O pasado martes, 7 de maio, reunímonos de novo os membros do grupo mixto do Club de lectura para comentar o libro, O puño e a letra de Yolanda Castaño.

O puño e a letra é unha publicación que reinterpreta desde o cómic a poesía de Yolanda Castaño. É a primeira obra deste xénero, coñecida como poética, escrita e debuxada en galego. Este BD foi premiado como mellor cómic do ano en galego no ano 2018.

En xeral o libro custounos lelo á gran maioría. É complicado entender este tipo de poesía, con todo, as ilustracións, todas elas espectaculares, axudáronnos a interpretar os versos.

Na reunión, algúns dos membros limos o noso poema preferido, facendo máis amena a tertulia e finalmente, eliximos a próxima lectura, esta vez unha obra de teatro, La dama del Alba de Alejandro Casona

                                    DIFERENTES MOMENTOS DA POSTA EN COMÚN

   







                           
                                                  A NOSA PRÓXIMA LECTURA



viernes, 5 de abril de 2024

CUARTA REUNIÓN DO GRUPO DE MAIORES

 CUARTA REUNIÓN DO CLUB

O pasado venres, 5 de abril, reunímonos de novo os integrantes do Club de lectura de maiores para comentar a novela de Jordi Sierra i Fabra, La desaparición de Julia.

La desaparición de Julia céntrase nas primeiras vinte e catro horas tras a desaparición dunha moza que non volveu a casa despois dunha festa. As posibilidades de atopala con vida diminúen a medida que avanza o reloxo. Todos son conscientes de que esas primeiras horas son fundamentais. 

 O libro en xeral gustou, pois ten un ritmo trepidante e mantense durante toda a novela, xa que a información adminístrase aos poucos, o xusto para que non queiramos deixar o libro ata chegar á última páxina. Os capítulos son breves e o estilo do autor é sinxelo, directo. 

Ao longo da historia, seremos testemuñas de como a súa familia afronta a angustia e a incerteza, os dramas adolescentes nos que a desaparecida estaba envolvida, como actúa a policía nesta situación extrema… Coñecer a perspectiva de tantos personaxes fainos partícipes da ansiedade por atopar a Julia. 

Un dos puntos máis interesantes foron os personaxes adolescentes, pois cando Julia desaparece, o pequeno mundo deste grupo de amigos salta polo aire. Ata entón, as súas preocupacións eran o amor non correspondido, os estudos, a relación cos pais…, pero teñen que relegar todo eso a un segundo plano para centrarse en Julia. 

A novela profunda nun tema que por desgraza é dolorosamente familiar para todos. A violencia contra as mulleres adoita ser unha noticia que se repite a miúdo nos xornais e telexornais, e con todo segue sendo un tema tabú. A desaparición de Julia é unha historia difícil, incómoda, pero lanza unha luz esperanzadora.

 Trala reunión decidimos a próxima lectura, unha antoloxía en cómic poético de Yolanda Castaño que leva por título O puño e a letra, 40 poemas interpretados en viñetas por 40 dos nomes máis salientables da escena galega, 40 textos seleccionados de entre os 25 anos de aventura literaria de Yolanda Castaño.


Diferentes momentos da reunión





                                              A NOSA PRÓXIMA LECTURA



                  ALGÚNS MEMBROS DO CLUB POSANDO COA PRÓXIMA LECTURA



viernes, 8 de marzo de 2024

TERCEIRA LECTURA DO GRUPO DE 1º e 2º DA ESO

 

Durante o mes de xaneiro e febreiro, o grupo de 1º e 2º da ESO estivo a ler Que me pare o corazón se te esquezo, de Andrea Maceiras. Trátase dunha áxil e engaiolante novela, narrada a varias voces, que engarzan unha serie de temas moi actuais: as redes sociais e os seus perigos, a soidade, os medos, o amor...

Celebramos reunións quincenais: os días 9 e 23 de xaneiro e o 6 e 20 de febreiro. Cada reunión foi adicada a unha das catro partes nas que está dividida a novela. Cada parte está narrada por unha voz diferente. Cada un dos catro protagonistas van narrando esta fascinante historia na que Blue Shiva, a deusa das redes sociais, perde a vida por un perigoso reto viral.

En xeral, a obra tivo moi boa acollida. Os alumnos enseguida quedaron fascinados e atrapados por esta lectura que trata moitos temas encubertos como son os novos sistemas de comunicación e a soidade que, moitas veces, se atopa detrás deles. A novela co seu ritmo áxil e coas súas fermosas descricións das paisaxes marítimas dun Nordestal frío e chuvioso capta a nosa atención e préndenos ás súas páxinas.



domingo, 28 de enero de 2024

TERTULIAS LITERARIAS NO LICEO DE OURENSE

  Un ano máis o noso centro participa xunto con outros 13 centros de ESO e Bacherelato da provincia, nas tertulias organizadas pola Concellería de Educación e pola Deputación Provincial de Ourense. 



 A primeira parte das tertulias (en galego) tivo lugar o pasado mércores, 24 de xaneiro. A obra elixida para comentar nesta ocasión foi As alumnas de Paula Carballeira, Premio Nacional de literatura dramática 2023,  que propiciou un debate apaixonado, sobre todo nos temas da educación e a situación da muller na posguerra.

A continuación tivemos un encontro coa autora, que resultou do máis interesante e ameno, posto que é unha gran comunicadora e ten o público pendente de cada unha das súas palabras. Ao final tanto o noso alumnado como o dos demais centros de Ourense puideron facerlle preguntas e firmou exemplares do seu libro.

                                                                                                    

O noso alumnado chegando á sala do Liceo

Co seu profesor, Celso, esperando o inicio da tertulia.


O suplemento "Vida" do xornal "A Rexión",
recollendo diferentes momentos da posta en común.

                                             ENCONTRO CON PAULA CARBALLEIRA

A autora firmando exemplares do libro a nosas alumnas



Esperando a Paula Carballeira