O
luns 24 de novembro, reunímonos co alumnado de 1º e 2º da ESO. Tocaba rematar o
libro I`m Obelix, de Raquel Fernánez Fernández, que,
como comentaron na anterior reunión, estáballes a gustar moito.
Nesta ocasión falamos dos distintos narradores e narradoras, porque mostraban o punto de vista de persoas que estaban en moi distinta situación con respecto á historia. É interesante coñecer o punto de vista de Ismael, o neno acosado, e comentouse moito o seu desexo de morrer, como lle dixo á psicóloga; pero tamén resultou interesante saber como pensaba Álex, o acosador, e a nai de Carme. Estes dous testemuños prodúcennos bastante malestar, porque xustifican o comportamento agresor.
Tamén
debatemos sobre a verosimilitude dos personaxes, e mesmo se comentou que
varios coñecían rapaces que lles recordaban tanto ao acosado como aos distintos
acosadores.
A
novela, ademais de ser entretida e do agrado dos membros do club, serviu
para reflexionar sobre un tema que preocupa moito actualmente nos centros de
educación e esperamos que tamén sirva para sensibilizar sobre o tema e sobre a
necesidade de non gardar silencio cando se presencia unha situación de
acoso.
Algúns momentos durante o debate:
Reunirémonos de
novo en decembro para escoller o segundo libro do noso club, agardamos que teña
tanto éxito coma este.



No hay comentarios:
Publicar un comentario