Buscar este blog

lunes, 30 de marzo de 2026

SEXTA REUNIÓN DO GRUPO MIXTO DE 3º E 4º DA ESO

O mércores 11 de marzo reunímonos o club de lectura de 3º e 4º da ESO, tanto os que lían Martes con mi viejo profesor como Golpes de luz, posto que xa remataran todos ambas obras.

 

Como xa sucedera na reunión anterior gustoulles máis Golpes de luz, aínda que Martes con mi viejo profesor convida a reflexionar moito máis sobre o sentido da vida e outros temas transcendentais.

O alumnado durante a reunión:

O grupo é demasiado numeroso para facer reunións conxuntas, polo que para a seguinte reunión dividirémolo de novo en dous e cada un elixirá unha lectura diferente.

Ademais dos libros lidos tratamos o tema da actividade tradicional para poñer peche ao club, a comida de fin de curso. Como non nos concederon diñeiro suficiente este ano, decidimos facer da necesidade virtude e realizar un obradoiro de gravado e bordado de bolsas que venderemos posteriormente. Desta forma conseguiremos, un ano máis, comentar o último dos libros durante a sobremesa nun restaurante de Ourense.

sábado, 7 de marzo de 2026

SEXTA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º E 2º DA ESO

 O 6 de marzo celebrouse a sexta reunión do grupo de 1º e 2º da ESO para comentar a segunda parte de Tras la sombra del brujo.


Esta vez o alumnado criticou a forma de proceder de Julen, que tiña unha moza en EEUU e sen dicirlle nada namorouse de otra e non respondía ás súas mensaxes. Non lles gustou moito o protagonista pola súa forma de proceder, identificábanse máis coa figura do avó.

Comentamos algúns aspectos da cultura dos masais, como o feito de servir en todo ao avó de Julen porque este lle salvou a vida e, o que resultou máis chocante para eles, que para buscar esposa a pagase cuns cantos animais domésticos.

Tamén comentamos a fuxida en todoterreo, a maldade do Brujo, a caza do león por parte do masai, que serve para desquitarse pola vez que estivo a punto de morrer devorado por un... E, por último, o tema do medio ambiente, que puxemos en relación co coidado da natureza na nosa contorna.

O alumnado durante a reunión:



Ao final tivemos que deixar o debate antes de que se nos esgotasen os temas porque tocou o timbre para ir a clases.

QUINTA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º E 2º DA ESO

 O 28 de xaneiro celebrouse a quinta reunión do grupo de 1º e 2º da ESO para comentar a primeira parte de Tras la sombra del brujo.

O libro foi un éxito porque mantén moi ben a intriga e transcorre nun lugar exótico que se presta para o contraste entre culturas e modos de vida moi distintos. Julen acaba de chegar dunha grande cidade de EEUU ao Congo, e non precisamente a unha cidade, senón a unha zona habitada por tribos de masais. Alí o poder da natureza móstrase desde o principio con toda a súa fereza, cando un león devora a unha persoa do poblado. Os protagonistas terán que enfrontarse a un sinfín de perigos. Por un lado, a natureza indomable que fai que a supervivencia sexa unha continua loita; por outro, a acción do ser humano, que non ten escrúpulos en converter un paraíso natural nun vertedorio de residuos só por intereses económicos.

Non falta tampouco no libro o tema do amor que vai xurdindo entre Julen e Élodie, para acabar de enganchar ao lector adolescente. Polo tanto,  está gustando moito e quedamos todos con gana de acabar de ler as páxinas que nos faltan para saber se por fin conseguen rescatar a Élodie das gadoupas do malvado Buku e se a relación entre os dous mozos ten futuro. 

O alumnado asistente durante o debate: