Dada a natureza numerosa do grupo, as reunións do noso club de lectura organizáronse novamente en dúas xornadas consecutivas: a sesión do luns, 17 de novembro, estivo dedicada ao alumnado de 3º e 4º de ESO que leu Martes con mi viejo profesor, de Mitch Albom; o martes, 18 de novembro, a reunión celebrouse co grupo de estudantes que leu Golpes de luz, de Ledicia Costas.
O debate comezou centrándose na
actitude do protagonista ante o avance da súa enfermidade, a ELA, e a súa
consecuente dependencia. O que para moitos de nós podería percibirse como unha
situación humillante ou vexatoria, el interprétao como unha verdadeira mostra
de afecto e coidado por parte de quen o rodea.
O diálogo expandiuse a outros temas
de interese, máis aló do drama da ELA: abordamos o contraste entre a vellez e a
mocidade, analizando a actitude social contemporánea cara aos nosos maiores e as
barreiras coas que se enfrontan no referente ao emprego das novas tecnoloxías.
Finalmente, dedicamos un espazo ao
matrimonio, denunciando a situación de vulnerabilidade que historicamente
viviron as mulleres ao carecer de opcións reais de separación ou independencia,
así como o estigma social que conlevaba estar separada. Comentamos a profunda
transformación desta realidade no contexto actual.
Algúns momentos durante o debate
Golpes de luz, Ledicia Costas
A novela gozou dunha extraordinaria acollida por parte do
alumnado, que quedou cativado polo desenvolvemento desta divertida novela.
O debate da segunda parte iniciouse abordando
a figura da avoa Luz e os momentos máis dinámicos e divertidos que ela
protagoniza, destacando especialmente: o episodio no que, para destruír probas
incriminatorias do narcotráfico, decide queimar un cofre ateigado de billetes;
a anécdota na que destrúe unha aspiradora e entérraa no xardín ou o suceso do
seu aniversario, onde se enfronta con gran carácter aos operarios para impedir
que realicen arranxos no xardín.
Profesores e alumnos durante o debate:



No hay comentarios:
Publicar un comentario