Buscar este blog

lunes, 30 de marzo de 2026

SEXTA REUNIÓN DO GRUPO MIXTO DE 3º E 4º DA ESO

O mércores 11 de marzo reunímonos o club de lectura de 3º e 4º da ESO, tanto os que lían Martes con mi viejo profesor como Golpes de luz, posto que xa remataran todos ambas obras.

 

Como xa sucedera na reunión anterior gustoulles máis Golpes de luz, aínda que Martes con mi viejo profesor convida a reflexionar moito máis sobre o sentido da vida e outros temas transcendentais.

O alumnado durante a reunión:

O grupo é demasiado numeroso para facer reunións conxuntas, polo que para a seguinte reunión dividirémolo de novo en dous e cada un elixirá unha lectura diferente.

Ademais dos libros lidos tratamos o tema da actividade tradicional para poñer peche ao club, a comida de fin de curso. Como non nos concederon diñeiro suficiente este ano, decidimos facer da necesidade virtude e realizar un obradoiro de gravado e bordado de bolsas que venderemos posteriormente. Desta forma conseguiremos, un ano máis, comentar o último dos libros durante a sobremesa nun restaurante de Ourense.

sábado, 7 de marzo de 2026

SEXTA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º E 2º DA ESO

 O 6 de marzo celebrouse a sexta reunión do grupo de 1º e 2º da ESO para comentar a segunda parte de Tras la sombra del brujo.


Esta vez o alumnado criticou a forma de proceder de Julen, que tiña unha moza en EEUU e sen dicirlle nada namorouse de otra e non respondía ás súas mensaxes. Non lles gustou moito o protagonista pola súa forma de proceder, identificábanse máis coa figura do avó.

Comentamos algúns aspectos da cultura dos masais, como o feito de servir en todo ao avó de Julen porque este lle salvou a vida e, o que resultou máis chocante para eles, que para buscar esposa a pagase cuns cantos animais domésticos.

Tamén comentamos a fuxida en todoterreo, a maldade do Brujo, a caza do león por parte do masai, que serve para desquitarse pola vez que estivo a punto de morrer devorado por un... E, por último, o tema do medio ambiente, que puxemos en relación co coidado da natureza na nosa contorna.

O alumnado durante a reunión:



Ao final tivemos que deixar o debate antes de que se nos esgotasen os temas porque tocou o timbre para ir a clases.

QUINTA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º E 2º DA ESO

 O 28 de xaneiro celebrouse a quinta reunión do grupo de 1º e 2º da ESO para comentar a primeira parte de Tras la sombra del brujo.

O libro foi un éxito porque mantén moi ben a intriga e transcorre nun lugar exótico que se presta para o contraste entre culturas e modos de vida moi distintos. Julen acaba de chegar dunha grande cidade de EEUU ao Congo, e non precisamente a unha cidade, senón a unha zona habitada por tribos de masais. Alí o poder da natureza móstrase desde o principio con toda a súa fereza, cando un león devora a unha persoa do poblado. Os protagonistas terán que enfrontarse a un sinfín de perigos. Por un lado, a natureza indomable que fai que a supervivencia sexa unha continua loita; por outro, a acción do ser humano, que non ten escrúpulos en converter un paraíso natural nun vertedorio de residuos só por intereses económicos.

Non falta tampouco no libro o tema do amor que vai xurdindo entre Julen e Élodie, para acabar de enganchar ao lector adolescente. Polo tanto,  está gustando moito e quedamos todos con gana de acabar de ler as páxinas que nos faltan para saber se por fin conseguen rescatar a Élodie das gadoupas do malvado Buku e se a relación entre os dous mozos ten futuro. 

O alumnado asistente durante o debate:



domingo, 1 de febrero de 2026

QUINTA REUNIÓN DO GRUPO DE 3º e 4º DA ESO

 O luns 19 de xaneiro reunímonos co grupo de alumnos de 4º da ESO que está lendo Golpes de Luz, de Ledicia Costas, para comentar a primeira parte deste libro.


A lectura da novela está resultando, unha vez máis, moi atractiva para o alumnado. Desta volta, comentamos que o multiperpectivismo narrativo suaviza temas tan duros como o alzhéimer ou as drogas cando chegan a nós desde a mirada da avoa, sempre cargada de retranca e de humor.

Durante a reunión recordamos como a década dos 80 foi testemuña dunha das crises máis devastadoras do noso país: reflexionamos sobre o narcotráfico en Galicia, que actuaba como porta de entrada ás drogas desde diversos lugares de América; sobre a pouca información que se tiña sobre os efectos destas e falamos, tamén, dos narcotraficantes, que non estaban tan mal vistos naquela época e que viron na heroína un negocio moito máis proveitoso que o contrabando doutras substancias como o tabaco.




Unha semana despois, o mércores 28de xaneiro, reunímonos para comentar o segundo dos libros, Martes con mi viejo profesor

Como xa sucedera a anterior vez, gustou moito menos porque é un libro bastante profundo e filosófico, e eles considerárono triste e de narración lenta, con pouca ou case ningunha intriga. De feito asistiu menos alumnado á reunión, porque algúns non o leran. Porén, aqueles que o conseguiron fixeron unhas reflexións moi profundas e maduras sobre el: o que nos ensina sobre temas tan importantes como aprender a vivir e tamén a despedirse e morrer, a familia, a amistade, a importancia dos coidados e de vencer o orgullo e deixarse coidar...

Ao final, entre todos reflexionamos que foi un libro que pagou a pena, aínda que non nos divertiu demasiado, ensinounos moito. Hai libros que entreteñen, e outros que fan pensar.

O alumnado asistente durante o debate:



viernes, 9 de enero de 2026

CUARTA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º E 2º DA ESO

O día 18 de decembro reunímonos co alumnado do club de lectura de 1º e 2º de ESO. Compartimos espazo cos de 3º e 4º, porque, como xa tiñamos o libro elixido, só os tiñamos que repartir

O libro que imos ler é:

Sinopse:

Aunque su piel era blanca, Julen había nacido en el continente africano y nunca se había sentido extraño allí. Ni los congoleños sentían aversión alguna hacia él. Él amaba aquella tierra, a pesar de que ahora estudiara en Estados Unidos. Por eso, ansiaba reencontrarse con ese paisaje, con la selva, de colores vivos, verdes, amarillos, grises, naranjas, marrones…. Regresaba a casa de su abuelo, director del Parque Nacional de Virunga; regresaba a su hogar. Lo que no esperaba era que su llegada coincidiera con los ataques de un viejo león solitario y que el hechicero Buku incitara a la gente de los poblados contra su familia. Igual que tampoco esperaba que su compañera de juegos se hubiese convertido en esa belleza de ojos brillantes que destacaban en el óvalo de su rostro oscuro como la noche. «Apasionante novela de aventuras situada en el enigmático y fascinante continente africano. En pleno siglo XXI, la belleza de África y sus tradiciones conviven con la falta de escrúpulos. Y en medio de este torbellino, dos jóvenes».

Profesores e alumnos durante a reunión, na que recibimos a visita de alumnado do curso anterior e compartimos uns doces para celebrar o final de trimestre:




Bo Nadal lector!

CUARTA REUNIÓN DO GRUPO MIXTO DE 3º E 4º DA ESO

O día 18 de decembro reunímonos co alumnado do club de lectura de 3º e 4º de ESO. Xa non tiñamos que elixir libro, simplemente fixemos un intercambio e os que leran Martes con mi viejo profesor, de Mitch Albom levaron Golpes de luz, de Ledicia Costas e á inversa. Reunirémosos no segundo trimestre, a media lectura, para comentar os libros.

Profesores e alumnos durante a reunión:

(Vemos ao fondo alumnado do club de lectura do curso pasado, que nos viñeron visitar)




O grupo, como podemos ver, segue a ser moi numeroso, razón pola que temos que facer as reunións en dúas quendas cando toca comentar as lecturas.