A principio de curso constituímos o club de lectura de profesores a través de Whass-App, tamén fixemos propostas de lectura e eliximos o libro por este mesmo medio. Agora tocaba reunirnos presencialmente por primeira vez, e fixémolo o pasado xoves 27 de novembro nun restaurante do centro de Ourense.
As propostas de lectura foron:
- Lluvia fina de Luis Landero
- Rewind de Juan Tallón
- La fábrica de las sombras de Martín Ibón
- La ladrona de huesos de Manel Loureniro
- Instrucións para tomar café, de Núñez Singala
- O bosque dos raposos aforcados, de Arto Paasilinna
- La muy catastrófica visita al zoo, de Joël Dicker
- Miss Merkel. Asesinato en alta mar de David Safier
- Azucre, de Bibiana Candía
- El olvido que seremos, de Héctor Abad
- Canto jo i la muntanya baila, de Irene Solà
- Árbores do deserto de Rosalía Fernández Rial
- Bicos e non balas de Antonio García Teijeiro
- El puente donde habitan las mariposas de Narareth Castellanos
Despois dunha primeira votación, quedaron como finalistas:
- La fábrica de las sombras de Martín Ibón
- Instrucións para tomar café, de Núñez Singala
- Azucre, de Bibiana Candía
E o libro elixido fianalmente foi Azucre.
O libro gustou bastante en xeral, pareceunos de lectura fácil e moi lírico, á vez que duro, sobre todo sabendo que está baseado en feitos reais. A algúns membros do club, unha minoría, non lles gustou precisamente porque lles parecía demasiado triste.
Comentouse o narrador, que vai cambiendo dunha terceira a unha primeira persoa, e que adopta o punto de vista de moitos personaxes populares, a súa forma de pensar, a súa relixiosidade, as súas supersticións, fatalismo...
Tamén falamos da miseria e a constante presenza da morte na vida da maioría dos personaxes, ademais da fame, que aproveitan as persoas con poucos escrúpulos para enriquecerse, como Urbano Feijoo de Sotomayor, o dono da compañía que os levou para explotalos como escravos.
Falamos dos personaxes, de Orestes e o Rañeta, que se foron humanizando ao longo da obra e deixando atrás a rivalidade e a violencia ata o punto de que lle di ao seu irmán pequeno que non pelexe co irmán de Rañeta; dos irmáns xemelgos, un deles "O Comido", e como afecta esta circunstancia á súa vida, chea de resentimento. Isto tamén nos serviu para comentar lembranzas da crianza dos nenos nun mundo rural duro e en contacto coa natureza, no que este suceso non resultaría tan estraño.
En definitiva, foi unha reunión moi agradable na que se combinaron as bromas cos comentarios serios sobre a lectura arredor dunha mesa, nun ambiente moi apracible e propicio para a conversa.
A todas as persoas asistentes nos gustou a experiencia e quedamos con gana de repetir, a ver se para a próxima se suman os compañeiros e compañeiras que non puideron vir desta vez e que botamos de menos.
Algúns momentos durante a reunión-cea:

.jpg)


No hay comentarios:
Publicar un comentario