Buscar este blog

sábado, 7 de marzo de 2026

SEXTA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º E 2º DA ESO

 O 6 de marzo celebrouse a sexta reunión do grupo de 1º e 2º da ESO para comentar a segunda parte de Tras la sombra del brujo.


Esta vez o alumnado criticou a forma de proceder de Julen, que tiña unha moza en EEUU e sen dicirlle nada namorouse de otra e non respondía ás súas mensaxes. Non lles gustou moito o protagonista pola súa forma de proceder, identificábanse máis coa figura do avó.

Comentamos algúns aspectos da cultura dos masais, como o feito de servir en todo ao avó de Julen porque este lle salvou a vida e, o que resultou máis chocante para eles, que para buscar esposa a pagase cuns cantos animais domésticos.

Tamén comentamos a fuxida en todoterreo, a maldade do Brujo, a caza do león por parte do masai, que serve para desquitarse pola vez que estivo a punto de morrer devorado por un... E, por último, o tema do medio ambiente, que puxemos en relación co coidado da natureza na nosa contorna.

O alumnado durante a reunión:



Ao final tivemos que deixar o debate antes de que se nos esgotasen os temas porque tocou o timbre para ir a clases.

No hay comentarios:

Publicar un comentario