Buscar este blog

sábado, 7 de marzo de 2026

QUINTA REUNIÓN DO GRUPO DE 1º E 2º DA ESO

 O 28 de xaneiro celebrouse a quinta reunión do grupo de 1º e 2º da ESO para comentar a primeira parte de Tras la sombra del brujo.

O libro foi un éxito porque mantén moi ben a intriga e transcorre nun lugar exótico que se presta para o contraste entre culturas e modos de vida moi distintos. Julen acaba de chegar dunha grande cidade de EEUU ao Congo, e non precisamente a unha cidade, senón a unha zona habitada por tribos de masais. Alí o poder da natureza móstrase desde o principio con toda a súa fereza, cando un león devora a unha persoa do poblado. Os protagonistas terán que enfrontarse a un sinfín de perigos. Por un lado, a natureza indomable que fai que a supervivencia sexa unha continua loita; por outro, a acción do ser humano, que non ten escrúpulos en converter un paraíso natural nun vertedorio de residuos só por intereses económicos.

Non falta tampouco no libro o tema do amor que vai xurdindo entre Julen e Élodie, para acabar de enganchar ao lector adolescente. Polo tanto,  está gustando moito e quedamos todos con gana de acabar de ler as páxinas que nos faltan para saber se por fin conseguen rescatar a Élodie das gadoupas do malvado Buku e se a relación entre os dous mozos ten futuro. 

O alumnado asistente durante o debate:



No hay comentarios:

Publicar un comentario